Os días 17, 18 e 19 “estar de Ocio en Vigo”

Publicado por o día 16/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Galicia,Vigo

Os días 17, 18 e 19 “estar de Ocio en Vigo”

A Concellería de Xuventude de Vigo presenta o proxecto “ESTAR DE OCIO”, unha alternativa de lecer para os adolescentes durante as fins de semana en Vigo. O proxecto está destinado a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos residentes en Vigo ás/aos que se propón pasar o seu tempo libre de maneira diferente pretendendo previr o consumo de drogas e outras adiccións como a adición ao xogo, fomentando un estilo de vida positivo a través de obradoiros e dinámicas lúdicas, participativas e que fomenten as relacións baseadas no respecto e a igualdade.

Para asistir non é necesario facer inscrición previa.

A proposta está formada por un conxunto de obradoiros, actividades e concertos. Simultaneamente desenrolaranse 4 obradoiros, cada un deles terá unha duración de 1.30 horas. Pasado este tempo rotaremos de xeito que tódolos interesados/as poidan gozar de todas as actividades propostas. Ademais, contaremos con varios mini-concertos de 30 minutos, jam de baile todos os sábados e batallas freestyle e xogos de scape room.

Contaremos, entre outros, cos seguintes obradoiros:

  • Obradoiro de GRAFFITI, no que profesionais deste campo ensinaranlles como utilizar os materiais cos que se traballa e como crear esta arte urbana.
  • Obradoiro de RAP, no que aprenderán a expresar o que senten e o que pensan aprendendo a compoñer as súas propias cancións.
  • Obradoiro de CREACIÓN DE MÚSICA, no que aprenderán a compoñer os seus primeiros versos e coplas improvisadas.
  • Obradoiro de POESÍA, un espazo de creación poética, onde os versos libres fluirán desde a experiencia directa, a improvisación e o debate.
  • Obradoiro de CAPOEIRA, no que mellorarán as súas condicións físicas, desenvolverán a coordinación motora e o equilibrio, a axilidade, flexibilidade e destreza.
  • Obradoiro de HIP HOP e breakdance.
  • Obradoiro de COMIC e pintura, no que explorarán no inmenso mundo da pintura e iniciaranse no cómic.
  • Obradoiro de TEATRO e expresión corporal, no que se iniciarán nas técnicas teatrais, no traballo corporal e na creación de sketches.

ESTAR DE OCIO arrancou o primeiro fin de semana de abril e contará con actividades repartidas de venres a domingo de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude de Vigo ata novembro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.