Os directores de Saúde Pública das Comunidades Autónomas abordan en Galicia o calendario de vacinación, a lexislación antitabaco e a seguridade alimentaria

Santiago acolleu a Comisión de Saúde Pública coordinada polo Ministerio de Sanidade e a xuntanza da Comisión institucional da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan)
Publicado por o día 21/06/2019 na sección de Sanidad

Os directores de Saúde Pública das Comunidades Autónomas abordan en Galicia o calendario de vacinación, a lexislación antitabaco e a seguridade alimentaria

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu hoxe á directora xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Pilar Aparicio e á directora da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan), Marta García, con motivo da xuntanza da Comisión institucional de Asan celebrada en Santiago.

Neste encontro aprobáronse varios documentos técnicos para harmonizar a aplicación de determinados criterios nos controis oficiais en todas as comunidades autónomas, como os relacionados coa cadea de produción do atún conxelado ou a prevención do anisakis entre outros. Tamén se debateron aspectos da Estratexia Nacional de Seguridade Alimentaria e Nutrición e diversos temas técnicos relacionados relativos ao consumo e a seguridade alimentaria.

Ademais, onte tivo lugar reunión da Comisión de Saúde Pública, formada polos directores de Saúde Pública das distintas comunidades autónomas. No transcurso desta xuntanza tratáronse temas como a homoxeneización das prácticas nas comunidades autónomas cando teñen que vacinar a persoas que non posúen no seu historial vacinal as vacinas recomendadas para a súa idade. Tamén se abordaron outros asuntos como a loita contra as infeccións de transmisión sexual, o estudio de condutas en adolescentes e as iniciativas adoptadas respecto do radón e da lexionella.

Xunto a estes temas tratáronse aspectos da lexislación antitabaco. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia presentou, no marco desta comisión, a iniciativa da Rede Galega de Praias sen Fume, tal como quedara fixada no Dia Mundial Sen Tabaco celebrado no Ministerio o pasado 31 de maio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.