Os dous tripulantes dunha embarcación piden axuda a través do 112 Galicia ao quedar sen motor e ser arrastrados pola corrente

Publicado por o día 13/12/2020 na sección de Cangas,Galicia,Sucesos

Os dous tripulantes dunha embarcación piden axuda a través do 112 Galicia ao quedar sen motor e ser arrastrados pola corrente

Dúas persoas que pescaban a bordo dunha embarcación pneumática en Cangas pediron asistencia a través do 112 Galicia ao quedar sen motor e ser arrastrados pola corrente.

A súa chamada chegou á central minutos despois da unha desta tarde, cando se activou o operativo para o seu rescate.

Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou a Salvamento Marítimo para o envío de recursos materiais e humanos á ría de Aldán, onde permanecía os dous tripulantes sen goberno na embarcación. Deste xeito, acudiu un equipo a bordo da Salvamar Mirach para remolcar a embarcación sen motor e levar á súa tripulación a terra.

As persoas atopábanse en bo estado de saúde.

Mobilización de recursos en Bergondo por dúas mozas en apuros
Ademais, o 112 Galicia recibiu unha chamada de alerta desde a Praia da Xurela, en Bergondo, por mor de dúas mozas que practicaban surf e estaban en apuros. Así o explicou a persoa que chamou ao número único de emerxencias pasadas as seis desta tarde para dar conta de dúas rapazas con dificultades para saír da auga.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron en marcha a comunicación con Salvamento Marítimo para a mobilización de recursos aéreos e marítimos. Cando o Helimer estaba en camiño, os voluntarios de Protección Civil de Bergondo, que saíron para colaborar no operativo, aseguraron que as mozas estaban xa fóra da auga e en bo estado de saúde. Deste modo, Salvamento Marítimo desactivou todos os recursos en alerta e desde o 112 Galicia anulouse a solicitude de participación dos equipos de Protección Civil dos arredores.

Comentar noticia

Your email address will not be published.