Os drons da AXEGA sobrevoan o perímetro e arredores da casa do home desaparecido en Oleiros

Publicado por o día 01/09/2019 na sección de Sucesos

Os drons da AXEGA sobrevoan o perímetro e arredores da casa do home desaparecido en Oleiros

Os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) trasladaron  esta madrugada ata Oleiros o equipo de drons para participar na busca do home desaparecido onte en Oleiros.

As aeronaves non tripuladas da Axega uníronse ao operativo, posto en marcha pola Garda Civil, para rastrexar as inmediacións do domicilio do desaparecido, en Perillo.

Cómpre sinalar que foi a súa propia familia quen onte, sobre as 11:30 horas, comunicou a desaparición do home ao 112 Galicia. Desde ese momento, a Garda Civil puxo en marcha o operativo no que participan ademais dos servizos sanitarios, familiares, amigos e veciños, a Policía Local  e os efectivos de Protección Civil.

Polo momento, o resultado da busca foi negativo.