Os empregados de Dornier desconvocan a folga tras 120 días

A empresa comezou xa a desprecintar os parquímetros que se atopaban forrados con carteis de protesta que volverán estar operativos a próxima semana.
Por o 02/01/2019 | Sección: Galicia,Protestas,Sindicatos,UGT,Vigo
Os empregados de Dornier desconvocan a folga tras 120 días
Tras case catro meses de folga, os traballadores da empresa concesionaria da zona azul de Vigo, Dornier, puxeron fin ao parón ao chegar a un acordo coa mesma en relación aos despedimentos de varios empregados. O día 28 foron chamados a unha reunión e optaron por unha mediación, esta negociación, que aínda continua aberta, baséase nunha redución dos despedimentos, o pago de indemnizacións, recolocación de traballadores ou no caso de que se produza unha baixa voluntaria diminuiríanse estes despedimentos. O acordo tamén comporta que antes do 7 de xaneiro, Dornier pague aos traballadores 55 días de soldo e que o case catro meses de folga non se vexan repercutidos na paga de beneficios.
 
O acordo pon fin a máis dun centenar de días de folga na que os traballadores se han encerrado no Concello de Vigo, realizado unha folga de fame e trasladado a súa protesta á sede da concesionaria. A firma argumentou para realizar os despedimentos que sufrira unha baixada de ingresos polo recorte de prazas de zona azul na cidade. Durante todo este tempo os problemas de aparcadoiro agraváronse debido á pouca rotación. Os comerciantes de As Travesas expresaron as súas queixas pola falta de espazos na vía pública.
A empresa comezou xa a desprecintar os parquímetros que se atopaban forrados con carteis de protesta que volverán estar operativos a próxima semana.

Comentar noticia

Your email address will not be published.