Os estibadores suspenden a folga convocada no conxunto do Estado para os días 6 e 8 de marzo

Publicado por o día 03/03/2017 na sección de Protestas,Sindicatos,Vigo

Os estibadores suspenden a folga convocada no conxunto do Estado para os días 6 e 8 de marzo

Os estibadores decidiron hoxe suspender a folga prevista no conxunto do Estado español para os vindeiros días 6 e 8 de marzo ante a negativa dos grupos políticos do Congreso a apoiar o decreto lei proposto de xeito unilateral polo Ministerio de Fomento para liberalizar o sector.

As centrais con representación na estiba, entre elas a CIG, entenden que esta nova situación abre a posibilidade dunha nova mesa de negociación real para a consecución dunha reforma do sector de xeito consensuado.