Os fisioterapeutas galegos concéntranse mañá en Silleda pola falta de prazas do Sergas

O seu colexio oficial promove esta profesta como a Plataforma de Terapeutas coincidindo coas oposicións no ámbito sanitario
Publicado por o día 28/05/2016 na sección de Protestas,Sanidad,Vigo

Os fisioterapeutas galegos concéntranse mañá en Silleda pola falta de prazas do Sergas

O recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda) acollerá ata o domingo oposicións de acceso á Xunta. Case 14.000 persoas están convocadas, un total de 12.699 aspiran a diversas categorías do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e 1.147 para o corpo administrativo da Administración Xeral, por promoción interna.

Unha convocatoria que aproveita o Colexio Oficial de Terapeutas de Galicia (CoFiGa) como tamén apoidada pola Plataforma Galega de Terapeutas farán a protesta para denunciar “a incapacidade do Sergas para asumir a crecente demanda de Fisioterapia”. Por este motivo teñen previsto realizar unha concentración mañá domingo ás 13:30horas no recinto feiral coincidindo coa celebración das probas para esta especialización.

Denunciarán así “a nula incorporación de prazas” de fisioterapeuta na oferta de emprego público programada polo Sergas para este 2016. Acusan, así mesmo, “a incapacidade do sistema público para asumir a crecente demanda de Fisioterapia existente por parte da poboación”. Reprochan que desde 2009 o Sergas unicamente convocou 11 prazas de fisioterapeutas para todo Galicia. Unha situación que cualifican de “improcedente e que provoca que a poboación vexa como día a día empeora a súa asistencia e continúan sufrindo listas de espera”, explican. Tras a concentración un representante da Plataforma de Terapeutas lera un manifesto.

Silleda prepárase para o aluvión de opositores que se prevé para este fin de semana tras recibir onte a primeira remesa. As probas comezaron xa durante a mañá co primeiro exercicio de oposición para o corpo administrativo. Unha oposición restrinxida aos funcionarios, que lles permite acceder a un posto de maior categoría e que garante a promoción profesional cunha oposición menos esixente que a que afronta unha persoa non funcionaria para o mesmo posto, tal e como detallaban desde a Xunta. O exame consistiu nun test de 60 preguntas.