Os galeguistas levaran a Bruxelas o derrube acontencido durante o festival O Marisquiño

Desde Compromiso por Galicia lamentan que desde a Autoridade Portuaria e o Concello non teñan solucións para as persoas afectadas ao tempo que desvotan entrar na luita partidaria que estableceran PP de Vigo e o PSOE de Caballero
Publicado por o día 29/08/2018 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

Os galeguistas levaran a Bruxelas o derrube acontencido durante o festival O Marisquiño

Desde Compromiso por Galicia lamentan que desde a Autoridade Portuaria e o Concello non teñan solucións para as persoas afectadas ao tempo que desvotan entrar na luita partidaria que estableceran PP de Vigo e o PSOE de Caballero.
 
Cortés Alonso, secretario local de Compromiso por Galicia na cidade olívica, xunto a Maria Rivera, coordinadora comarcal, prantexan levar o tema do afundimento do pantalán ao parlamento europeu, xa que a obra foi financiada a través de fondos europeos, polo que corresponde aos organismos da UE a fiscalización dos mesmos.
O partido dos e das galeguistas, a través da sua europarlamentaria Izaskun Bilbao, presentará no Parlamento de Europeo unha pregunta onde pedirá a apertura da investigación correspondente sobre o uso dos fondos destinados a esta obra portuaria.
 
Xa en Maio deste ano, a forza galeguista, levou unha petición a Bruxelas sobre a fiscalización dos fondos da estratexia “blue growht” dirixida polo actual presidente da autoridade portuaria López Veiga e que incluia un apartado sobre a posible violación de dereitos das e dos traballadores e de liberdade sindical, asunto sobre o que desde CxG pediran publicamente o seu cese por parte das autoridades que o nomearan.
O PP e o PSOE escenifican un sainete sobre un asunto que non foi a mais e por sorte non estamos falando hoxe de falecidos.” declarou Cortés Alonso.
 
Finalmente desde CxG trasladan os seus ánimos para as persoas feridas ás que desexan unha pronta recuperación e instan a que o PP e o Psoe deixen de pasar a bola e de fazer o rídiculo diante dunha opinión pública farta da irresponsabilidade destes políticos.