Os gañadores dos premios Seua- Mindtech Awards recibiron os seus galardóns durante a cea de gala Mindtech

Os gañadores dos premios SEUA- Mindtech Awards recibiron a pasada noite o recoñecemento dos galardóns enmarcados dentro da feira MINDTECH, que ten lugar en Vigo do 10 ao 12 de setembro.n Vigo del 10 al 12 de septiembre.
Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

Os gañadores dos premios Seua- Mindtech Awards recibiron os seus galardóns durante a cea de gala  Mindtech

Estes premios organízanse en colaboración cos Startup Europe Awards ( SEUA), unha iniciativa de innovación aberta da Comisión Europea implementada pola Fundación Finnova, que contou co apoio do Presidente do Parlamento Europeo, o Presidente do Comité das Rexións, o Vicepresidente do Comité Económico e Social Europeo e varios membros do Parlamento Europeo.

O xurado decidiu recoñecer con estes galardóns a diferentes empresas e organizacións de distinta traxectoria, tanto startups como empresas consolidadas.

Os premios, patrocinados polas empresas Lidera Knowledge, Servitalent e Torvigo, foron entregados polas seguintes autoridades institucionais, representantes das entidades participantes no xurado: Dna. Xiana Méndez, Secretaria de Estado e Comercio; D. Juan Manuel Cividanes, Director do Igape; Dna. Carmela Silvia, Presidenta da Deputación de Pontevedra; D. Abel Cabellero, Alcalde de Vigo; D. David Regades, Delegado do Estado en Zona Franca de Vigo e Santiago Novoa, Director Banca Institucional, ABANCA.

Premiados por categoría:

1. Innovation Award: Trumpf- Premio á mellor traxectoria ligada á innovación, con proxectos destacados en tecnoloxías como a impresión 3D, intelixencia artificial ou láser.

2. 4.0 Award: Industrial Recense -Premio á potenciación e implementación de tecnoloxías 4.0 co seu proxecto de Fábrica Virtual, na que poder realizar toda clase de probas e experimentos ata optimizar a fábrica completa.

3. Startup Award: Netun- Premio á súa traxectoria con Help-flash, un dispositivo intelixente para sinalizar incidentes na estrada e contactar cos servizos de emerxencia.

4. CSR Award: Teiga- Premio á súa política de RSC co proxecto “ Xe-mente”, dedicado á capacitación de persoas con diversidade intelectual e/ou funcional en materia de produción sustentable e ecolóxica.

5. Energy Efficiency Award: CIE Automotive & CO2 Smart Techs – Premio á xestión eficaz dos seus recursos enerxéticos pola implantación dun sistema para monitoraxe e xestión enerxética na planta de CIE- Galfor.

6. Mobility Award: CTAG – Premio á iniciativa que fomenta un cambio disruptivo dentro do ámbito da mobilidade por SISCOGA, un corredor intelixente para mobilidade conectada e autónoma.

Os premios teñen carácter conmemorativo. Na categoría de startup tamén se fixo entrega dun cheque de aceleración de 5.000 euros financiado pola Xunta de Galicia que a startup gañadora poderá trocar por servizos de mentorización e consultaría coa Fundación Finnova.