Os GOAS deteñen a un ladrón que roubou nunha Cafetería da rúa Ecuador

Publicado por o día 27/07/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Os GOAS deteñen a un ladrón que roubou nunha Cafetería da rúa Ecuador

Á 01:44 horas da madrugada do pasado día 25, mediante unha chamada telefónica alertouse da comision dun roubo nunha cafetería da rúa Ecuador.
 
A testemuña dos feitos puido ver a dous individuos, un dos cales subiu a unha xanela do local referido, forzando a fechadura e, mentres o outro vixiaba, o primeiro roubaba no interior, para posteriormente abandonar o lugar ambos por distintas direccións.
 
Á chegada ao lugar dunha Patrulla do GOA, a testemuña achegou a descrición dos ladróns, así como a dirección que tomaran cada un na súa fuga.
 
Cando se acudiu a propietaria, verificou que ademais da fechadura da xanela, estaba forzada a máquina comecartos, e faltaba a recadación da caixa rexistradora indicando, a falta dun reconto fidedigno do diñeiro subtraído, que a contía podía ascender a uns 300 euros.
 
As Unidades Policiais procederon a realizar unha batida pola zona, localizando a un individuo que coincidía plenamente coas características dun dos ladróns nunha cafetería próxima, procedendo á súa identificación e realizándolle un cacheo superficial comprobouse que portaba corenta e oito euros en moedas, indicando que as gañaba no comecartos do local no que se atopaba, agora ben, nas proximidades dese mesmo local estaba unha testemuña do roubo, que se achegou a esculcar e informou á patrulla que sen ningún xénero de dúbidas este era o autor dos feitos.
 
En atención a todos estes datos procedeuse á súa detención por un delito de roubo con forza, resultando ser S. M. B, nacido en Cangas e con domicilio en Vigo de 33 anos de idade.
 
O outro individuo foi detido posteriormente en situación similar á deste home por outra Unidade Policial.

Comentar noticia

Your email address will not be published.