Os informes técnicos afirman a necesidade de talar a secuoia afectada da Alameda

A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, informou esta mañá da situación que arroxan os informes técnicos encargados polo Concello do exemplar da Sequoia sempervivens que se atopa en mal estado na Alameda e que supón un perigo para os viandantes e as infraestruturas que ten ao seu redor.

Segundo explicou a concelleira, solicitáronse informes técnicos para coñecer de xeito concreto o estado de exemplar. Neles, indícase a presenza de diferentes fungos, algúns deles responsables do murchamento vascular e da podremia nas raíces. De feito, asegúrase que “unha parte importante do seu sistema radical está morto”.

Ademais, os técnicos afirman que existe unha codominancia que pode supoñer un perigo, xa que se trata dunha unión débil que poderá abrir e romper. A isto se lle suman moitas das ramas, xa secas, cuxa rotura e caída xera unha situación de perigosidade.

Con todos os datos na man, os técnicos apuntan á necesidade de talar a secuoia “como opción máis coherente coa situación fitosanitaria e biomecánica do exemplar, sobre todo tendo en conta a súa ubicación”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM