O 86% dos preto de 4500 inscritos galegos que votaron na consulta sobre as municipais da última semana avalaron de maneira rotunda a fórmula de coalición coa marca Podemos nas papeletas e o respaldo ás marcas consolidadas nos concellos do cambio.
Nas principais cidades galegas o apoio moveuse ao redor da media autonómica indo desde o 89% en Santiago de Compostela ou o 88% en Vigo ata case un 80% en Ferrol, pasando polos 86% da Coruña, o 85% de Lugo e Ourense ou o 82% de Pontevedra.
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos afirmou nunha primeira valoración tras coñecer os resultados, que coa mesma rotundidade que os inscritos marcaron o camiño, desde a dirección galega traballarase en “tecer alianzas de unidade coas
forzas irmans e apoiando as alcaldías que xa nos devolveron a dignidade fronte a corrupción do pp e a sua rede clientar, para devolver moitas mais alcaldías a xente en Galicia”.
Noticias de última hora en Vigo