Os interesados en participar na viaxe ao País Vasco para maiores aínda poden inscribirse

O prazo remata o vindeiro luns, día 8 de outubro
Publicado por o día 05/10/2018 na sección de Galicia,Mos

Os interesados en participar na viaxe ao País Vasco para maiores aínda poden inscribirse

Dende a concellería de Participación Cidadá de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que o vindeiro luns, 8 de outubro, será o último día para inscribirse na excursión ao País Vasco que se organiza dende este departamento municipal e na que os participantes poderán visitar Burgos, Bilbao, San Sebastián e Vitoria.

Trátase dunha actividade para a  poboación da 3ª idade preferentemente empadroada en Mos que se realizará do 25 ao 28 de outubro do 2018.

Os/as beneficiarios/as directos/as desta actividade  serán  tódolos/as  maiores  de 65 anos ou de 55 anos en condición de pensionistas,  preferentemente empadroados/as no Concello de Mos.

A finalidade desta iniciativa é que ás persoas maiores que teñan menos posibilidades de ocio, por falta de iniciativa propia ou por falta da posibilidade de organización/disposición, se lles facilite a través deste servizo a alternativa  de viaxar con xente do seu entorno, coñecer novos lugares, novas culturas, etc.

O custe final da actividade para as persoas participantes é 295 euros e o prezo inclúe viaxe en autocar, hotel de 3 estrelas, pensión completa, seguro de viaxe, guía acompañante para visitas e entradas para a Catedral de Burgos, así como visita con guía oficial en San Sebastián e Funicular Monte Igüeldo.