Os mellores baristas de España cítanse en Vigo no XIII Campionato Nacional

Dezaseis profesionais de toda España, seleccionados entre máis de 200 participantes, compiten estes días para converterse no mellor barista do país.
Por o 16/05/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Os mellores baristas de España cítanse en Vigo no XIII Campionato Nacional

O XIII Campionato Nacional de Baristas elixiu Vigo para a celebración, desde hoxe e ata o sábado, da sua gran final. Dezaseis profesionais de toda España, seleccionados entre máis de 200 participantes, compiten estes días para converterse no mellor barista do país.

A competición abarca o I Concurso Fórum Café ao Mellor Blend de especialidade; o II Concurso Fórum Café ao Mellor Blend Comercial; o III Campionato Nacional de cata; o III Campionato Nacional de Aeropress; o III Concurso de Fotografía de Café e o Campionato Barista Down, para persoas con síndrome de Down. Ademais das probas que forman parte do campionato, demostracións e exhibicións, o evento conta cunha ampla programación aberta ao público profesional e aos amantes do café en xeral.

O alcalde, Abel Caballero, saudou aos participantes do evento na sede de Afundación e desexoulles sorte nas súas preparacións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.