Son os menores vítima de violencia de xénero? Mañá a debate no Arquivo Provincial

Publicado por o día 30/05/2017 na sección de Eventos,Galicia,Pontevedra,Vigo

Son os menores vítima de violencia de xénero? Mañá a debate no Arquivo Provincial

A Concellaría de Igualdade a través do III Plan de Igualdade organiza para este xoves, 1 de xuño unha mesa redonda de programa Tecendo Redes en Igualdade baixo o título Son @s menores vítima de violencia de xénero?

Nesta mesa participarán:

• María Paz Filgueira, xuíza titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller
• Diana López, xornalista e guionista
• María Obelleiro, xornalista e directora de Sermos Galiza

A cita é no Arquivo da Deputación ás 20.00 horas.