Os militantes-inscritas de Podemos Galicia fartos de que non exista transparencia interna

“Sexamos serios, a militancia está farta destas trapalladas, farta de que sexan sempre os mesmos interlocutores os que desfagan os espazos políticos, farta de que negocien aqueles/as que teñen intereses e que son xuiz e parte, farta de que non exista transparencia, farta de coñocer pola prensa os posicionamientos e decisións tomadas pola dirección de Podemos Galicia”
Publicado por o día 25/02/2019 na sección de Podemos,Política

Os militantes-inscritas de Podemos Galicia fartos de que non exista transparencia interna

Os militantes-inscritas de Podemos Galicia o pasado 24 de febreiro lazaron un comunicado o que se fixo eco noticiasvigo.es no día de onte onde veñen a manifestar que nestes días moita da militancia de Podemos Galicia estan desconcertados e alarmados ante os feitos que estan a suceder nos procesos de negociacións abertows entre as forzas de esquerda que conforman En Marea.
Ante as próximas elecions do 28 de abril, estan a vivir un momento electoral con auxe dos partidos da ultradereita, no que se xogan moito e ten que ter claro quen é o seu inmigo.

No comunicado

Reclamamos que decisions transcendentais coma a escolal da mellor fórmula electoral para concorrer ás eleccións (coalición de partidos, partido instrumental de unidade, concorrencia en solitario, etc…) deba ser consultada á militancia de xeito transparente, e que se respeten polos órganos de dirección do noso partido os acordos acadados nas consultas. Lembramos que nas eleccións aoutonómicas pasada a militancia de Podemos Galicia decidiu maioritariamente ir en coalición ás autonómicas e non se respetou esa decisión obrigandonos a ir coa formula de En Marea.

Por parte de moita militancia que apostaba por concorrer sós, e respetando os acordos da maioría, fíxose un esforzo en confiar neste novo espacio de unidade, En Marea, como así o definían e defendían compañeiros/as que conformabas os actuais órganos de dirección do partido e que forman parte do grupo parlamentario En Marea, poñendo todo o seu empeño en apostar por esta fórmula de partido, e a disulución de Podemos Galicia, como única vía para acadar a tan nomeada unidade popular.

Pois ben, a dirección do partido en Galicia, concretamente o Consello de Coordinación (CC), están a tomar decisións trascentais á marxe da militacia: escollendo ás persoas que foron na lista das primarias de En Marea reprentando a Podemos, decidindo non lexitimar os resultados das votacións das primarias de En Marea, desvinculándose do espazo de unidade e dos seus órganos executivos, etc, e polo que se ve agora tentando romper o espazo de unidade a dous meses dunhas eleccións xerais, porque En Marea xa non lles vale a pesar de ser a formula defendida pola actual dirección durante estes anos.

Sexamos serios, a militancia está farta destas trapalladas, farta de que sexan sempre os mesmos interlocutores os que desfagan os espazos políticos, farta de que negocien aqueles/as que teñen intereses e que son xuiz e parte, farta de que non exista transparencia, farta de coñocer pola prensa os posicionamientos e decisións tomadas pola dirección de Podemos Galicia.

Porque agora se estuda romper o espazo de unidade? Qué mudou desde entón para que este espazo hoxe, non sexa un espazo de unidade?, Que diferenzas programáticas dan que non sexa posible un encontro?. Cales son os motivos reais para que non se chegue a un acordo, son os postos e as sillas? QUEREMOS RESPOSTAS.

Quermos deixar claro que si non se conta con nós para tomar as decisións, non imos ser responsables das consecuencias: NON CO MEU VOTO!

NON CO MEU VOTO! vaise volver a desprezar ás inscritas de Podemos Galicia.
NON CO MEU VOTO! deixaremos soas e divididas as nosas compañeiras e votantes.
RESPONSABILIDADE, SERIEDADE E TRANSPARENCIA, XOGÁMONONOS MOITO, XOGÁMONOS UN FUTURO DE ALTERNATIVA DE ESQUERDA EN GALICIA!

O comunicado

Comentar noticia

Your email address will not be published.