Os Minions abren a programación de Nadal de Mos

Serán as estrelas do acto oficial de acendido do alumeado navideño no Pazo de Mos
Publicado por o día 07/12/2017 na sección de Galicia,Mos

Os Minions abren a programación de Nadal de Mos

O Concello de Mos abrirá a súa programación de Nadal co acto oficial de acendido do alumeado navideño que se celebrará o vindeiro domingo, 10 de decembro, a partir das 17.00 horas no contorno do Pazo de Mos, onde haberá instalada unha gran carpa e contarase coa presenza dos Minions, que farán as delicias dos máis pequenos. Os Minións estarán acompañados na súa actuación polas Maimiñas e durante o acto haberá tamén obradoiros, bailes, PhotoCall, panxoliñas e, como fin de festa, servirase un chocolate quente. Así informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro.

O 17 de decembro o Grupo de Teatro de Mulleres de Mos interpretará a obra ‘Como che cambiou o conto’ ás 18.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro desenvolveranse os Obradoiros Infantís de Nadal na Ludoteca de San Rafael en Pereiras en horario de 09.00 horas a 14.30 horas con posibilidade de ampliar o horario dende as 08.00 horas na Aula Madruga. O obxectivo destes obradoiros é a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais dos cativos participantes. Poderán participar nenos/as de 3 a 12 anos de idade previa inscrición ata o 18 de decembro. Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono da OMIX: 986 33 94 04.

O 23 de decembro terá lugar o Certame de Rondallas, no Pazo de Mos ás 17.00 horas, no que participarán a Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, a Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville, a Rondalla do Círculo Recreativo e Deportivo Santa Eulalia de Mos e a Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso. Ademais durante os días 23 e 24 de decembro o contorno do Pazo de Mos acollerá un Mercadiño de Nadal no que exporán e venderán as súas pezas un total de 27 artesáns.

Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro o Multiusos das Pozas acollerá en horario de 10.00 horas a 12.00 horas a iniciativa Risos en Familia. O 29 de decembro celebrarase no auditorio do Multiusos a entrega de premios do Concurso Infantil de Postais de Nadal cun acto de animación infantil que dará comezo ás 18.00 horas da tarde. Tamén o venres 29 de decembro ás 21.00 horas no Centro Dotacional de Torroso estará o coñecido actor galego Manuel Manquiña dentro do Ciclo de Monólogos IMos Rir (a entrada anticipada ten un prezo de 10 euros).

A gran novidade deste Nadal en Mos é a Festa Pre Fin de Ano, que se celebrará o 30 de decembro no contorno do Pazo de Mos que contará con Dj e animación a partir das 22.00 horas e badaladas con uvas e cotillón ás 24.00 horas. O fin de festa correrá a cargo da Orquestra Olympus.

Para a mocidade mosense de 10 a 17 anos de idade o Concello organiza a actividade deportiva SurfeaMos no Nadal, que se celebrará do 2 ó 5 de xaneiro. O prazo de inscrición rematará o 26 de decembro e os interesados poden chamar ao teléfono da OMIX: 986 33 94 04 para obter máis información.

A Festa do Paxe Real será o 4 de xaneiro a partir das 17.00 horas no Multiusos das Pozas. O Paxe recollerá as cartas para as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente escritas polos cativos mosenses. Ademais realizarase un percorrido no Tren do Nadal e ás 18.30 horas Uxía Lambona e a Banda Molona darán un concerto.

A tradicional Cabalgata de Reis de Mos dará comezo ás 18.00 horas do 5 de xaneiro e transcorrerá pola Avenida de Sanguiñeda. 

Beléns

Os veciños e veciñas de Mos contan con diferentes alternativas para gozar da contemplación dun elemento navideño tan entrañable como é o Belén. O Belén de Herville estará aberto ao público na Asociación Cultural e Social de Herville de luns a venres de 15.00 horas a 17.00 horas e de 19.30 horas a 22.00 horas, os sábados de 16.00 horas a 22.00 horas e os domingos de 11.00 horas a 13.00 horas e de 15.00 horas a 21.00 horas.

O Belén do Pazo de Mos permanecerá aberto ata o 6 de xaneiro en horario de luns a sábado de 17.00 horas a 21.00 horas e tamén os domingos de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 horas a 21.00 horas; e o 25 de decembro a partir das 11.00 horas da mañá haberá un Belén Vivinte.