Os mitos alimentarios por @dietistarealist | Mito: O natural é mellor

Publicado por o día 29/05/2018 na sección de Alimentación

Os mitos alimentarios por @dietistarealist | Mito: O natural é mellor

Sen conservantes, sen aditivos, sen edulcorantes, sen glute, todo iso é a Amanita phalloides. O malo é que igual non podes volver repetir, sobre todo porque é venenosa.

O medo vende e a industria alimentaria sabeo.


Os supermercado están cheos de produtos con mensaxes como “sen conservantes”, “sen colorantes”, “100% natural”, “ecolóxico” o “sen produtos químicos” “sen produtos modificados xenéticamente”. O obxectivo é facer que os consumidores pensen que determinados ingredientes ou procesos químicos que se utilizan son malos ou pouco saudables.

A idea que están a darnos con esas declaracións e que se un alimento contén algún de eses engadidos sería perigoso para a nosa saúde, e non é así. En Galicia, para que un aditivo poda ser utilizado na elaboración dun produto alimenticio ten que pasar unha serie de probas toxicolóxicas e asegurar a súa inocuidade.

Na lexislación o termo “natural” está regulado no REGLAMENTO (CE) Nº 1924/2006 que di que so se poderá utilizar esta declaración…“Cando un alimento reúna de forma natural a condición ou as condicións establecidas”. Polo tanto, natural non significa sen aditivos, natural non significa sen transformar, e natural non significa que sexa ecolóxico…se o vemos escrito nunha etiqueta alimentaria. Natural, segundo a lei é o que contén a palabra natural na etiqueta e punto, non lle deron máis voltas.

Usamos aditivos coma os conservantes e os colorantes case dende que a humanidade descubriu a arte de cociñar:

• En Europa: sal, fume para curar á carne.

• En Exipto: colorantes e especies para dar brillo a algúns pratos.

• En Roma: especies para mellorar a aparencia.

O problema da nosa alimentación non é un exceso de aditivos. O problema é baseala en produtos ultraprocesados, cheos de graxas trans ou de azucre engadido. Procuremos comer máis verduras, máis hortalizas, máis froitas, de tempada e de proximidade, e deixemos á quimifobia a un lado. Ao fin e ao cabo, somos química con patas.

Fai que o alimento sexa a túa medicina. Hipócrates.