Os mitos alimentarios por @dietistarealist | Mito: Lácteos desnatados vs dieta?

Por o 21/05/2018 | Sección: Alimentación
Os mitos alimentarios por @dietistarealist | Mito: Lácteos desnatados vs dieta?
Compartir en:

Cando chega o bo tempo, a moita xente entralle as presas por ter corpo de anuncio. Normalmente fan dietas restritivas, e seguen algún método pouco saudable sen contar co debido asesoramento dun profesional da dietética ou da nutrición (guiño guiño).

Segundo o dicionario entendemos por dieta:

1. Conxunto de alimentos que unha persoa ou animal necesita consumir para manter a vida e a saúde.

A dieta dunha persoa adulta.

Unha dieta equilibrada.

2. Réxime alimentario seguido por un ou varios individuos.

Dieta vexetariana.

A dieta mediterránea.

3. Regulación da inxestión de alimentos como medida hixiénica ou terapéutica.

Necesita perder peso e segue unha dieta.

4. Privación temporal de calquera clase de alimentos, xeralmente con fins terapéuticos.

Pór un enfermo a dieta.

O que nos ven a cabeza é o punto tres, así que quitamos todo do que sóanos que engorda: as graxas (sexan “das boas ou das malas”), o azucre, a cerveciña da tarde (ironía modo on).

Segundo o Código Alimentario Español (CAE), entendemos como leite desnatada á que ten como máximo un 1% de materia graxa. A principal diferencia coa leite enteira é a proporción de graxa, o que fai que teña menos calorías (enerxía para que nos entendamos). O problema ven porque cando quitamos esa graxa, tamén levamos por diante outros compoñentes beneficiosos como: vitaminas liposolubles A, D e ácidos graxos esenciais, e algo de vit E.

A vitamina D é moi importante para a absorción do calcio, por iso mesmo soen volver a poñela como suplemento nas leites desnatadas.

O proceso ven sendo así: unha vez muxidas as vacas (vacas especiais para a produción leiteira), pásase a un tanque de refrixeración, de aí transportase a empresa láctea. Todo isto seguindo unhas medidas de escrupulosa hixiene e refrixeración. Ao chegar a empresa, pasa por unha serie de procesos. Un deles, polo que pasan todas as leites é o de metela nunha centrífuga onde fan a separación da leite e da graxa. Máis tarde engaden a porción que corresponda segundo o tipo de leite: se é leite enteira ten unha porcentaxe de graxa maior a 3,5% , a semi ten entre un 1,5% y 1,8% de graxa. E a leite desnatada quédase en menos del 0.5%.

O seguinte paso é o tratamento térmico: pasteurización, UHT, etc. E máis tarde o envasado.

Entón, resumindo, se a leite desnatada ten menos graxa e as vitaminas que perde na centrífuga llas volven a engadir…por que non debería tomala?

1. Pola sensación de saciedade: os lácteos enteiros fartan máis e fan que non aumentemos a ración nin piquemos entre horas.

2. Os iogures desnatados soen ter máis azucre entre os seus ingrediente para compensar o sabor da graxa que lle falta.

3. Por moito que engadan vitamina D a posteriormente non é o mesmo que tomala como compoñente primario do propio alimento. Favorecendo a absorción de calcio para os osos e deixando atrás o risco de osteoporose.

4. Cartos: no produto desnatado, estamos pagando máis por menos. Ca graxa que lle quitan fabrican outros produtos coma manteiga.

5. Non todas as graxas son “malas”: froitos secos, aguacate, aceite de oliva virxe extra, lácteos enteiros, son boas maneiras de comer graxas “boas”.

“Deixa que o alimento sexa a túa medicina” Hipócrates