Os mosenses do futuro coñecen como se traballa no seu Concello

Máis de cen alumnos do IES de Mos visitan as dependencias municipais para aprender, dende dentro, o funcionamento da administración local
Por o 23/03/2018 | Sección: Galicia,Mos
Os mosenses do futuro coñecen como se traballa no seu Concello
Compartir en:

106 alumnos e alumnas de 4º curso da ESO do Instituto de Mos visitaron esta mañá as dependencias municipais para coñecer de primeira man o funcionamento do Concello de Mos.

Realizaron a visita en dous grupos, un de 48 mozos e mozas e outro de 58, que foron recibidos pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Alberto Méndez, o concelleiro de Educación, Camilo Augusto, e os tamén edís Julia Loureiro, Luis Alonso e Cándido Pérez.

Os rapaces foron guiados na súa ruta polo Concello pola Secretaria, a Interventora e a Tesoureira municipais, así como pola técnico local de emprego da Axencia Colocación de Mos, a xefa de Persoal, unha traballadora do Rexistro e outra de Servizos Sociais, que lles foron explicando as funcións de cada un dos departamentos polos que ían pasando e respostando ás dúbidas e cuestións plantexadas polo alumnado.

Esta iniciativa foi solicitidada polo propio centro educativo en aras de que o alumnado se familiarice coa mecánica da administración local –a máis próxima ao cidadán-, coñeza o organigrama que a conforma, como se integra a Corporación Municipal, cales con as competencias administrativas do Concello, que xestións burocráticas se realizan nas dependencias municipais, que servizos presta o Concello, etc.

Os máis de cen participantes amosáronse moi interesados durante toda a actividade que lles será de gran utilidade para a súa idade adulta, que xa non se atopa tan lonxana. A alcaldesa, Nidia Arévalo, dirixiuse aos mozos e mozas participantes como “os mosenses do futuro, e declarouse orgullosa de saber que o Concello de Mos quedará en boas mans: nas súas mans”. Por último, Arévalo destacou o papel da muller na sociedade mosense e nos postos de relevancia do municipio e animou ás rapazas presentes a traballar duro pola igualdade.