Os museos municipais abren as súas portas esixindo ao público máscara e distancia social

Hoxe martes reabriron as súas portas todos os museos municipais, aos que público accederá con todas as medidas de protección establecidas pola autoridade sanitaria. No MARCO poderán visitarse ata setembro as exposicións de Yolanda Herranz e Manuel Colmeiro.
Publicado por o día 02/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Galicia,Vigo

Os museos municipais abren as súas portas esixindo ao público máscara e distancia social

O alcalde achegouse esta mañá á reapertura do MARCO, que ofrecerá ao público as exposicións de Yolanda Herranz e Manuel Colmeiro ata o mes de setembro. Tal e como explicou o rexedor, esta instalación abrirá no seu horario habitual e o acceso está condicionado ao cumprimento de todas as medidas de seguridade hixiénica establecidas (máscaras e distancia social). No día de hoxe tamén abriron de novo as súas portas o resto dos museos municipais da cidade: Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Pinacoteca, Verbum, Quiñones de León e o Museo Liste.

Na rolda de prensa, Caballero lembrou que Vigo é a cidade coa maior rede museística municipal de toda España.

Comentar noticia

Your email address will not be published.