Os nenos e nenas do colexio O Pombal celebran o Día Internacional da Diabetes cunha xornada formativa

Esta iniciativa, promovida por Arume en colaboración con Anedia, pretende concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da prevención da Diabetes e, ao mesmo tempo, visilibilizar esta enfermidade.
Publicado por o día 14/11/2017 na sección de Educación,Galicia,Salud,Vigo

Hoxe, Día Internacional da Diabetes, o colexio vigués O Pombal acolleu unha xornada de formación e sensibilización. Os nenos e nenas coñeceron de primeira man todos os procedementos que se seguen a diario nos comedores en estes casos. Con esta iniciativa, promovida por ARUME -empresa de restauración colectiva con ADN 100% galego- e Anedia –Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia- preténdese visibilizar esta enfermidade, e recalcar o papel da alimentación saudable para prevela e, sobre todo, combatela.

ARUME adapta diariamente o menú escolar aos casos concretos dos rapaces que padecen diabetes. Isto permite que todo o alumnado –con diabetes ou non- poida desfrutar do mesmo menú escolar. Na xornada de hoxe, o persoal de ARUME e Anedia achegaron os diferentes procedementos que se desenvolven a diario para elaborar os pratos dos nenos con diabetes: o peso dos alimentos e o posterior seguimento dos monitores da comida.

Un ano máis, ambas entidades colaboran na celebración deste día en diferentes colexios das principais cidades galegas, cunha xornada que ten como obxectivosensibilizar e concienciar aos máis pequenos sobre esta enfermidade. E, ademais, amosar a importancia de manter unha alimentación saudable para prever esta enfermidade e, sobre todo, combatela. “A alimentación é clave na prevención, por iso queremos concienciar aos máis pequenos sobre a súa importancia” afirma Carlos Varela, xerente de Arume.

Sobre ARUME

Arume é unha empresa de restauración de colectivos con ADN 100% galego. Elaboran menús para comensais de diferentes ámbitos, principalmente para comedores escolares. A aposta pola proximidade das súas materias primas, a calidade, a innovación e a seguridade, son algúns dos valores cos que traballan cada día.