Os “neonazis” de Hogar Social Madrid xa chegaron a Galiza

Tras publicar NV este venres que o grupo de neonazis de Hogar Social Madrid comunicaba nas súas redes sociais a súa chegada ás terras galegas nunha “misión humanitaria”, redes sociais reaccionaron dicindo que non son benvidos.
Publicado por o día 21/10/2017 na sección de Arbo,Galicia

Os “neonazis” de Hogar Social Madrid xa chegaron a Galiza

Tras publicar NV este venres que o grupo de extrema dereita de Hogar Social Madrid comunicaba nas súas redes sociais a súa chegada ás terras galegas nunha “misión humanitaria” e que as redes sociais en Galiza reaccionasen que non son benvidos ao país, ao final cumpriron igualmente a súa palabra e a sua líder Melisa, comunicaba atráves da sua conta twitter, que xa estaban nas terras galegas sen decir onde estaban concretamente.

Información recibidas por Noticias Vigo confirmaban que paseáronse polo concello de ARBO, onde repartiron botellas de auga nunha furgoneta branca e coas súas vestimentas clásicas azuis co castelo. Alí, según veciños, a sociedade civil xa organizada, dixeron que non necesitaban tal auga.

De Arbo foron para As Neves, un dos concellos onde o lume do pasado domingo e a madrugada do luns foi máis violento.

A sociedade galega polos comentarios verquidos en redes sociais o teñen claro, non desexan que polos seus concellos pasen “neonazis” é que a súa misión sea dividir mentres tanto a sociedade trata de superar a traxedia do pasado fin de semana cos lumes.