Os Niguéns mostran a súa alarma por outro grave suceso aporofobico en Vigo e piden actuación institucional inmediata

Publicado por o día 24/08/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

Os Niguéns mostran a súa alarma por outro grave suceso aporofobico en Vigo e piden actuación institucional inmediata

Queremos chamar a atención sobre os graves feitos ocorridos esta semana (dos que tivemos coñecemento por fontes cercanas e polos medios) na vía pública cando unha muller de avanzada idade foi agredida durante a súa pernocta nun caixeiro bancario na cidade de Vigo. Esta persoa tivo que ser atendida por lesións hospitalariamente. Parécenos gravísimo que sigan a ocorrer este tipo de episodios aporofóbicos que demostran que, as persoas empobrecidas están a ser estigmatizadas e son obxeto e diana de humillacións e agresións, abundando na inseguridade que ten unha muller
que carece de teito e se mira obrigada a vivir na rúa. Cremos que isto merece unha reflexión colectiva, pero sobre todo, das institucións públicas para que revisen a súa política de senfogarismo e vivenda social, que ten que ser completada cun equipo multidisciplinar que traballen neste eido facendo seguimentos constantes da evolución destes casos, e ao fin, dunha vez por todas na nosa cidade non haxa veciñas que malvivan sen cubrir as súas necesidades materiais máis básicas, poñéndose, como neste caso, en perigo constante.

Pedimos seriedade, responsabilidade social, altura institucional e intervención inmediata para a mellora e actualización de protocolos, dispositivos e recursos e por suposto se fomente unha educación integral sociocultural enfocada a fomentar a empatía e rexeitamento destes sucesos tan escandalosos.