Os ninguéns celebran o seu IV aniversario como colectivo cun acto sociocultural de rúa

Por o 29/05/2019 | Sección: Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo
Os ninguéns celebran o seu IV aniversario como colectivo cun acto sociocultural de rúa
Fai catro anos, o foro socioeducativo Os Ninguéns fixo a súa primeira presentación pública, tomando o seu nome dun poema de Galeano, despois duns meses de traballo inicial que deu en perfilar a posible necesidade de artellar esta nova ferramenta socioeducativa de loita contra o empobrecemento severo na cidade.
Nestes anos sentímonos moi arroupados por todos os axentes sociais, houbo moitas alegrías polas pequenas grandes conquistas e tamén unha enorme frustración pola impotencia ante certas dinámicas políticas que aínda non fomos quen de subvertir dende a presión de rúa, que consideramos imprescindible.
O grupo consolidouse, está decidido a continuar adiante con máis forza que nunca e sentímonos moi afortunados de desenrolar a actividade nesta cidade combativa e rebelde. Por iso queremos facer unha pequena celebración, o sábado 1 de xuño, ás 18 h da tarde na Praza da Princesa, poñendo o factor pedagóxico no centro coa temática “medio pan e un libro”.
Haberá intervencións poéticas, literarias e musicais, e será un encontro sociocultural de convivencia para pasar dúas horiñas xuntas e agradecendo profundamente o apoio recibido durante estes anos e todos os que quedan de traballo.
Estades todas invitadas a achegarvos, e igualmente, GRAZAS de parte de todas as Ninguéns polo voso compromiso coas problemáticas sociais da cidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.