Os ninguéns contestan ás declaracións despectivas do alcalde de Vigo

Publicado por o día 10/09/2020 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

Os ninguéns contestan ás declaracións despectivas do alcalde de Vigo

As declaracións

A/A SEÑOR PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VIGO, ABEL CABALLERO

REFLEXIÓN SOBRE AS DECLARACIÓNS FEITAS AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN POLO ALCALDE EN AGOSTO.

21 de agosto do 2020. Abel Caballero, rolda de prensa

“Hay una carta del colectivo Ninguéns, que nos dicen que tres familias están en proceso de desahucio en la ciudad. Debo decirles que ya estamos en contacto desde hace tiempo con estas familias, el aviso de Os Ninguéns llega como siempre, tarde.”

26 de agosto do 2020.

“En Vigo estaba pendiente un desahucio para mañana. Tan pronto tuvimos conocimiento nos pusimos en contacto con la dirección general del Banco de Santander, les dijimos la situación en la que se encontraba ese desahucio por una entidad financiera que se llama UCI SANTANDER, la dirección general del Santander habló con UCI, UCI estuvo de acuerdo con que había que paralizar ese desahucio, y atendiendo a nuestra petición le van a dar un alquiler social del que si hace falta nos hacemos cargo nosotros hasta fin de año. Y por tanto de entrada tenemos un tiempo razonable para hacerle frente a esa situación, que ni la Xunta de Galicia ni Os Ninguéns ni nadie atendió, arregló el ayuntamiento. Y lo que tienen que hacer en estos casos es venirse rápidamente a nosotros, que somos los que arreglamos las cosas. Porque ni la Xunta, ni el PP ni Os Ninguéns arreglan nada, está arreglado por el ayuntamiento de Vigo”.

Estas duras e dolorosas declaracións mencionando ao noso colectivo en termos despectivos as calificaríamos de enredo mediático.

Queremos recordarlle que somos un foro socioeducativo chamados Os Ninguéns recollendo o discurso intelectual de Eduardo Galeano; os nosos obxectivos son alcanzar a xustiza social coa veciñanza que non cubre necesidades básicas e vive no umbral da pobreza ou pobreza severa: unha poboación diana que son víctimas de un sistema sociopolítico e socioeconómico e financieiro no que a pobreza é endémica, estructural e sistémica. Esta poboación está excluida e é expulsada de dito sistema: son invisibles e invisibilizados; estigmatizados a través da aporofobia.

Somos un colectivo de voluntarias que tentamos facer política transformadora, non solicitamos subvencións ás institucións públicas, non desenvolvemos actividades asistenciais porque consideramos que as institucións deben encargarse de soster esta rede dende o público.

Cumprimos cinco anos de actividade na nosa cidade, e vemos que nin o Alcalde nin a anterior concelleira de Benestar tiveron a ben contestar aos escritos que lle foron enviados, nin atender ás peticións de intervención de pleno nin contestar ás constantes peticións de reunión presencial connosco. Hoxe temos unha comunicación máis fluida coa actual concelleira de Benestar.

Sobre o caso concreto que menciona de Andrea queremos recordarlle ao alcalde que manifestou que as familias deben dirixirse a concello a pedir axuda porque o resto de axentes non solucionamos, e que o noso aviso chegaba tarde porque xa coñecían a situación: recordamos que Andrea dirixiuse a vostede e á Xunta no 2013, rexistrando escritos, pedindo axuda en primeira persoa, e tiveron que pasar sete anos para que o seu caso fora atendido: o día antes do despexo foi cando se conseguiu chegar a este acordo transitorio (xa que nin concello nin Xunta teñen un plan de vivenda social para darlle unha solución permanente a estas persoas).

Recordamos tamén que a esta muller, poucos días antes destas xestións finais, se lle informou dende a unidade de traballo social do concello que se non tiña vivenda na data do despexo podería ingresar no albergue municipal e os seus nenos ser tutelados pola Xunta de Galicia.

Igualmente, recordar que no momento deste acordo, acadado tras a concentración social na Dinoseta e a reunión coa concelleira de Benestar; esta muller xa non tiña os nenos con ela na casa polo medo de que presenciaran o despexo, e polo tanto tivo que envialos a centos de kilómetros de Vigo a unha casa hacinada onde morarían en total, once persoas nun piso de tres habitacións.

Polo tanto repetir a nosa intención de continuar movilizándonos na rúa para visibilizar problemáticas que consideramos urxentes e necesarias de priorizar políticamente, e tamén por suposto tentando unha interlocución con todas as institucións como vimos facendo: antes da denuncia pública do caso houberon escritos e instancias da propia afectada, do colectivo, etc a todas as administracións, tentando lograr unha proposta de solución, que finalmente chegou in extremis tras moitísimas xestións previas, que por respeto á mesma familia, que participou nelas nunha situación psicolóxica extrema, perdimos se traten de forma máis empática.

Facemos parte, por conciencia social, dunha rede de colectivos e movementos de afectados: empobrecidas, sociosanitarios, feministas, ecoloxistas, pacifistas, LGTBI, pola sanidade pública, pensións públicas… e  non nos parece pedagóxico que un alcalde desprecie ou censure aos colectivos simplemente por teren sido críticos coa súa xestión das políticas sociais da cidade.

Ese menoscabo público resulta antidemocrático e falta o respeto a noso traballo, no que recordamos interveñen non só activistas, senón moitas afectadas en primeira persoa, que precisan arroupe no seu empoderamento, e non escoitar demérito por parte dos seus representantes públicos.

Dóenos polo tanto que se desprecien os acompañamentos e a laboura social que tentamos desenvolver, e seguiremos esperando do alcalde unha interlocución cordial e xusta, e recibir no trato o mesmo respeto que nós tentamos manter.

Comentar noticia

Your email address will not be published.