“Ante a frustración e decepción de compañeiros e compañeiras beneficiarias do cheque social”, Os Ninguéns convoca unha concentración ás 11.30 horas de mañá diante da porta do Concello.
O colectivo reclama que estas axudas estean dispoñibles todo o ano “e non darse puntualmente”. Xustifica esta petición en que as familias “necesitan solucionar as súas emerxencias sociais aquí e agora”. Segundo Os Ninguéns o problema é que os solicitantes esperan “meses e meses de tramitación e burocracia” e en moitos casos, reprocha, “para recibir importes moi reducidos que non satisfán as súas necesidades reais”.
Noticias de última hora en Vigo
Una respuesta para "Os Ninguéns esixe mellorar o cheque social"