Os ninguéns poñen cuestión o chamado “Fondo antidespexos” do Concello de Vigo. Deixa a un veciño en risco inminente de desaloxo por unha débeda de 300€

Deixa a un veciño en risco inminente de desaloxo por unha débeda de 300€
Publicado por o día 21/06/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

Os ninguéns poñen cuestión o chamado “Fondo antidespexos” do Concello de Vigo. Deixa a un veciño en risco inminente de desaloxo por unha débeda de 300€

Deixa a un veciño en risco inminente de desaloxo por unha débeda de 300€.

Ademais de considerar que os baremos para conceder estas axudas son totalmente restritivos, recibindo xa queixas de que no mellor dos casos cobren unha mensualidade ou dúas a persoas con problemáticas gravísimas de falta de pagamentos de aluguer, temos un caso máis que demostra a pouca efectividade das mesmas, poñémolo como exemplo para que se entenda a desatención absoluta á que están a ser sometidas as persoas empobrecidas da nosa cidade e a preocupación que nos causa o futuro deste compañeiro, desatendido polas institucións.

C. R. B, perceptor de RISGA tivo un problema: conxeláronlle a súa prestación durante dous meses enteiros, correspondentes a abril e maio deste ano, por recibir unha sanción, por presuntamente non estar localizable, (cando se demostrou posteriormente que se dispoñía da súa dirección xa que a carta de sanción si lle chegou correctamente ao seu domicilio).

Por razón deste malentendido administrativo, o afectado estivo dous meses enteiros sen cobrar a súa prestación, por tanto, durante os mesmos non puido facer efectivo o pago do seu aluguer, que é de 150 euros mensuais nunha habitación dun piso compartido. Desde a Xunta, unha vez aclarado o asunto anunciáronlle que se lle renovaría a axuda para primeiros de xuño, conque pediu unha axuda de emerxencia a cargo do fondo antidespexos municipal para que se lle puidesen cubrir unicamente esas dúas mensualidades (facilitando directamente o número de conta do dono do piso) e poder poñerse ao día cos pagos cando empezase a cobrar a súa prestación: é dicir, pediu 300 euros. O dono obviamente atopábase molesto pola falta de pagamento e por tanto, estando en risco a súa continuidade nesta vivenda, explicóuselle que se ía a pedir esta axuda municipal e que tivese paciencia para tentar que se lle abonasen estas mensualidades atrasadas, ao que con toda a súa boa fe, accedeu a facer.

O afectado fixo a solicitude ao concello, ao departamento de Benestar, o 7 de maio de 2019, non obtendo contestación ata o 11 de xuño, é dicir, máis dun mes para valorar esta solicitude de axuda de emerxencia que necesitaba inminentemente para conservar a súa casa sen problemas, e esta urxencia fíxose saber na solicitude. Seguiu todos os pasos correctamente, solicitou a axuda tanto por rexistro, dirixida a BENESTAR SOCIAL,(ao programa municipal contra desafiuzamentos e de emerxencia social para 2019, dotado con 892.000 euros) como por medio dunha cita coa súa traballadora social para que esta acreditase que se atopaba cobrando cero euros, que ese aluguer debíase efectivamente, e a pesar de explicar a situación e que se atopaba en risco de perder o seu cuarto (e por tanto volver á rúa, onde estivo a vivir tempo antes de poder asentarse), tivo que esperar ata esta semana (e como o rexistro electrónico non funcionaba correctamente, tivo que acudir ao concello para pedir unha copia en papel da súa resolución) para recibir unha carta DENEGANDO a súa axuda, alegando que el tiña os ingresos ordinarios suficientes para sufragar o aluguer: é dicir, ignorando que estivera dous meses enteiros sen cobrar nada.

Máis dun mes de espera para ser despachado un unha frase. Nin un informe, nin un estudo, nin un expediente detallado… Co que se demostra, que o expediente non se estudou en profundidade senón de maneira superficial, que nin sequera se comprobou que, a pesar de que agora mesmo si ten ingresos, que é o que alega a carta, estivo privado dos mesmos dous meses enteiros, que son os que ten de falta de pagamento, e o único que pediu ao concello, son 300 euros en total, dúas mensualidades da súa habitación, xa que obviamente coa RISGA de xuño non pode facer fronte ao pago de tres mensualidades xuntas.

O dono, de boa fe segue esperando a que se lle pague o debido antes de tomar medidas (fíxose un recurso ante esta denegación e estamos á espera de resposta), pero non pode asegurarlle a súa permanencia na casa se non hai solución. Desde OS NINGUÉNS consideramos o feito gravísimo: xa nos parece que o fondo antidespexos é unha medida máis nominal que efectiva porque comprobamos que en moi poucos casos chega aos afectados, que os importes que se entregan son ínfimos, que os ritmos de pago son moi lentos, e que, en casos extremos como son o presente, nin sequera aténdense positivamente as solicitudes, despois dunha desesperante espera e unha burocracia extrema chegan denegadas casos tan sinxelos como o actual (pouco importe e deuda vencida, líquida e esixible). Pedimos que a nova concelleira de BENESTAR,

Yolanda Aguiar, revise este departamento en profundidade e por tanto dirixirémonos a ela para pedir unha reunión urxente na que abordar esta problemática e outras carencias do departamento, apenados e preocupados porque este compañeiro póidase ver de novo na rúa por só unha débeda de 300 euros que un concello con superávit millonario podería emendar en poucos días e con todo pode carrexarlle volver á rúa, despois de todos os progresos que fixo e que se ven premiados con, cando necesita unha pequena axuda puntual, que se llen das costas e se despache o seu caso cunha frase: isa é a política integradora do concello de Vigo, tirar por terra todos os progresos dunha persoa coma esta por 300 euros.