Os Ninguéns: “Que se Mollen”

Publicado por o día 16/10/2015 na sección de Os Ninguéns,Social

Os Ninguéns: “Que se Mollen”

Na víspera do día Internacional para a erradicación da pobreza, convocado pola Asemblea Xeral das Nación Unidas, este ano, baixo o lema “construir un futuro sostible, de mínimos, para poñer fin á pobreza e á discriminación”, nos xuntamos hoxe aquí para pedir públicamente que concello de Vigo e Xunta de Galicia se mollen pola xustiza social, como imos facer catro membros do noso colectivo, coa auga desta fonte pública que tanto ben ten feito a persoas empobrecidas que conviven neste entorno.

A fonte é un monumento “ao triunfo de Vigo”. Queremos decir que para nós, Vigo non será unha cidade triunfadora ata que garantice o benestar básico dos seus veciños.

*****************

Benqueridas amigas e amigos, o foro socioeducativo Os Ninguéns convocamos hoxe nesta entrañable plaza da Princesa, cunha distancia aproximada de 120 pasos do local municipal de Elduayen no 11, que no pasado acollera os servizos públicos de váteres, duchas e afeitado e despois acolleu unha unidade básica de acción municipal (UBA): posteriormente o programa municipal de saúde sociosanitaria Sereos do casco Vello, local que actualmente está cedido a un negocio privado dunha xoiería.

O 31 de xullo do 2013 a concelleira de políticas de benestar do concello de Vigo ordenaba poñer fin a este programa e trasladalo a unha furgoneta a unha zona semiindustrial na rúa Jacinto Benavente, baixo un novo nome, “Programa Sísifo” da asociación de axuda ao toxicómano “Érguete”.

Por aquel entonces a avalización feita polo colectivo Imán Cedro- viu a darnos os seguintes datos, amosando a eficiencia e eficacia do devandito programa nos eidos biopsicosociais, nos valores da tolerancia, da inclusión social, do respeto mutuo.

Este programa no 2012 atendeu a 1300 persoas distintas, nun espazo de encontro e socialización no corazón da cidade, onde se atopaba a poboación “diana”.

Se entregaron 26.183 xeringas aos beneficiarios que viñan a testemuñar o compromiso individual e colectivo da protección da saúde pública, incluido a reciclaxe de material contaminante.

O ter recollido 23.214 xeringas usadas ven a reflectir o compromiso individual de cidadáns responsables nos coidados da saúde, e mesmo de protección da vida, freando considerablemente as infeccións e reinfeccións de enfermedades infectocontaxiosas dos consumidores de drogas por vía intravenosa.

Repartíronse 15153 preservativos, nun entorno empobrecido, que viña a poner unha útil barreira as infeccións por vía sexual e embarazos non desexados.

Por aquel entonces desenvolvíanse eficaces talleres de prevención de prácticas de risco, de axentes de saúde entre iguais, entre persoas que exercían a prostitución, cunha asamblea permanente de persoas sen fogar, un foro de alcoholismo crónico, dinámicas grupais de resolución de conflictos, talleres de sociodrama, psicodrama e teatro espontáneo e arte efímero.

Ofrecíanse complementos alimentarios de almorzos e merendas, ao que acudían arredor de 400 personas diarias, empobrecidas e excluidas, veciñas e vecinos do lugar, o que viña a significar unha aportación compasiva de primeiro orden.

Por esto temos que decir hoxe con rabia que a anterior e actual corporación construiron un inmaterial muro da vergoña, unha alambrada invisible aos ollos: fronteiras estigmatizantes. E por eso temos que decir con enerxía,¡ fóra as alambradas excluintes da nosa cidade!.

Concelleira e alcalde tentaron de xustificar o devandito peche como consecuencia dos recortes da Xunta de Galicia e alegando que este programa non era da súa competencia, cando nós sabemos que foi unha decisión aporofóbica, discriminatoria, estigmatizante, humillante, e reaccionaria, nun momento no que o departamento de benestar social tiña un anteproxecto da reforma do local municipal ofrecido solidariamente por un arquitecto do barrio, que aumentaba o volumen interno de acollemento para máis persoas.

Por esto, hoxe, reivindicamos os dereitos dos enfermos pobres a ser atendidos no corazón da cidade nun local municipal en condicións de confort.

Ademáis propoñemos unha profunda transformación das políticas de benestar social do concello de Vigo e Xunta de Galicia dentro das competencias compartidas que teñen as dúas institucións:

-Creación inmediata de unidades de urxencias sociais en turnos de mañán e tarde para atención inmediata aquí e agora, en 24-48 horas as demandas máis urxentes.

-Transformar as UTAS (Unidades de Traballo Social) en UNIS con equipos multidisciplinarios.

-Que se aumente a plantilla municipal e orzamentos do departamento, rematando coas insoportables listas de espera.

-Que se resolvan xa os pagos dos cheques sociais.

-Que o acollemento residencial no albergue municipal ofrezca aos pobres máis enfermos acompañamento permanente, cun itinerario pactado de non retorno ás choupanas.

-Que se paralice a venta dos pisos municipais, para ofrecelos en aluger social especialmente a mulleres con fillos.

– Que se promocione un consorcio de institucións públicas: concello, deputación, Xunta, ministerio de fomento e Vivenda, para a creación dunha primeira fase de parque público de alomenos 200 vivendas en réximen de aluger social.

Estes puntos se solicitan nun contexto de altos índices de paro laboral, salarios de pobreza, contratos basura, traballos precarios e centos de persoas e familias con ingresos cero polo que é necesario esixir as administración públicas que neste último trimestre desemvolvan os desexos aquí expostos, porque a pobreza non se esconde, se combate con xustiza.