Os Ninguéns reúnense coa nova valedora do pobo para trasladarlle a emerxencia social da cidade de Vigo

Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

Os Ninguéns reúnense coa nova valedora do pobo para trasladarlle a emerxencia social da cidade de Vigo

Queremos informar de que hoxe, día 24 de setembro ás 10:00h integrantes do foro socioeducativo Os Ninguéns acudimos a reunirnos coa nova Valedora do Pobo (Mº Dolores Fernández Galiño) en Santiago. Na reunión estaba presente tamén o responsable de política social da oficiña da Valedora.
A intención desta reunión foi entregarlle un documento que recolle as principais necesidades sociais da cidade de Vigo e tamén abrir unha liña de interlocución: a proposta principal é solicitar pola súa parte medidas encamiñadas a desfacer o bloqueo dun pacto de loita contra a pobreza coordinado entre a Xunta de Galicia e Concello de Vigo, que non se está levando a cabo polas guerras de competencias entre ambas administracións: polo tanto se lle expón que estas leas partidistas e políticas están pasando factura as persoas empobrecidas da cidade, e que esta situación é unha grave irresponsabilidade social.
No eido das carencias que debería enmendar cada un, menciónanse no apartado municipal o albergue (sendo necesario un aumento de prazas e de noites de pernocta permitidas), o colapso do servizo de benestar (que incumple a ratio legal de atencións e provoca unha insoportable demora das axudas de emerxencia), a necesidade dun aumento de plantilla, de que a mesma sexa multidisciplinar, de que as UTAS abran en quendas de mañá e de tarde, da creación de unha oficiña de urxencias sociais; e por outra banda tamén  se expón a falta de democracia do concello, no senso da omisión do diálogo cos colectivos críticos coa xestión local. Expoñemos polo tanto que en catro anos o goberno local non respostou a ningunha das ducias de solicitudes de entrevista, reunión, intervención no pleno… que lle remitimos. Igualmente referímonos ás afirmaciones mediáticas que faltan á verdade como que en Vigo non hai despexos ou non dorme ninguén na rúa contra á súa vontade, expresadas dende alcaldía, que confunden á opinión pública sobre o estado da política social na cidade.
No eido da Xunta de Galicia solicitamos se impulsen as reformas legais necesarias para mellorar a RISGA, aumentando as contías según os índices europeos (AROPE) que considerarían que a prestación actual non saca ás persoas do umbral da pobreza e non é polo tanto suficiente para una manutención e un teito. Tamén se pide que a prestación sexa un dereito persoal e non baremado por unidade de convivencia; e na temática de vivenda, expónse a importancia da consecución dun parque público en alugueiro social, que se precisa con urxencia, coordinado co concello de Vigo que pode adquirir competencias neste senso segundo a Lei de Bases: tamén se lle sinalan as eivas dos programas e protocolos actuais, que pese a desenrolarse na oficiña de Vigo da Xunta como no seu día se solicitou, non terminan de atenuar a problemática tan seria da nosa cidade e resultan insuficientes dende todo prisma, facéndose imprescindible revisalos e articular unha mecánica moito máis operativa e eficaz, sendo este un extremo urxente.
Por último se expón a necesidade das persoas empobrecidas no eido da saúde bucodental, e a petición de que namentres a seguridade social non a inclúa no seu catálogo, as administracións inteterveñan para axudar a sufragar estes gastos á veciñanza baixo o umbral da pobreza.