Os ninguéns saen á rúa polos dereitos das mulleres prostituidas

Publicado por o día 17/09/2020 na sección de Eventos,Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

Os ninguéns saen á rúa polos dereitos das mulleres prostituidas

Ante a situación de invisibilidade e de perigo que están a correr as mulleres empobrecidas prostituidas da nosa comunidade, mulleres que non cubren necesidades materiais básicas, perceptoras de axudas sociais totalmente insuficientes, que se manteñen malvivindo na pobreza severa, e soportan o peso dun sistema violento e machista; algunhas son veciñas nosas dende fai anos, viven nesta cidade e están empadroadas, teñen seguridade social, son demandantes de emprego…pero por seren migrantes non teñen dereito ás mismas prestacións sociais que temos o resto, queremos convocar unha concentración en defensa dos seus dereitos e en reivindicación da blindaxe dos mesmos. Consideramos imprescindible que se visibilice a situación terrible destas mulleres e se actúe políticamente mediante intervencións de acollemento eficaces.

Inververá a cantautora Su Garrido Pombo cunha aportación musical, e leremos unha reflexión que se enviará ao presidente da Xunta e ao alcalde da cidade, pedindo que se atendan e se prioricen, dunha vez por todas, a estas mulleres desde as institucións públicas mediante un plan coordinado.

Este acto é mañá, 18 de setembro, ás 11:30h.

(Se non atopades a praza (“Praza do Abanico”) podedes achegarvos ao servizo de notificacións e embargos, na rúa de San Sebastián nº 13, é moi preto deste edificio, na subida á Costa, no Casco Vello Alto de Vigo. Escollimos esta ubicación como contexto porque é un lugar onde durante moitísimos anos exerceuse a prostitución na nosa cidade).

Comentar noticia

Your email address will not be published.