Os ninguéns volveran a mobilizarse para pedir melloras no Albergue de Marques de Valterra

Publicado por o día 09/02/2020 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Protestas,Social,Vigo

Os ninguéns volveran a mobilizarse para pedir melloras no Albergue de Marques de Valterra

Comunicado dos Ninguéns

Se estades dacordo connosco en que o albergue é un dispositivo valioso pero que precisa de melloras urxentes, acompañádenos o xoves próximo a solicitar que a pernoita non sexa limitada a dez días senón a todos os precisos para a estabilización habitacional desa persoa sen fogar.

Tamén pensamos que menos de corenta prazas para unha cidade de case trescentos mil habitantes é un erro, demostrado en que o novo albergue da rúa Toledo fica cheo a miúdo, ilustrando que máis camas non sobran.

Igualmente pedimos que se estude a forma de integrar o acollemento de mascotas, e que haxa habitacións o máis individualizadas posible para a comodidade das usuarias.

Queremos unha cama para toda aquela que a precise, o tempo que a precise.

Pensamos que unha cidade con superávit millonario e menos de trescentas persoas sen fogar, pode perfectamente, con vontade política, rematar coa problemática se pon nas súas prioridades os coidados das nosas veciñas empobrecidas, que precisan dunha rede sólida para poderen saír do ciclo no que podemos caer calquera de nós.

Comentar noticia

Your email address will not be published.