Os orzamentos do PSOE premian á tauromaquia e castigan ao medioambiente

O apoio do Goberno de Pedro Sánchez á tauromaquia é exactamente o mesmo que o de Rajoy, mentres reduce partidas para a protección do medio ambiente.
Publicado por o día 18/01/2019 na sección de PACMA,Política

Os orzamentos do PSOE premian á tauromaquia e castigan ao medioambiente
Os Orzamentos Xerais do Estado redactados polo PSOE deixan claro cal o posicionamento do Goberno en materia de protección animal e medioambiente. Mentres que reducen os investimentos para protexer e mellorar o medio natural (60% menos), o medio ambiente (10% menos) ou a xestión e infraestruturas da auga (6,6% menos), os primeiros orzamentos de Pedro Sánchez manteñen para a tauromaquia as mesmas cifras de subvención que os do seu predecesor, Mariano Rajoy.
 
No Partido Animalista PACMA seguiran traballando para que a empatía e a realidade social impóñase ao interese de quen vive de maltratar animais e de quen os apoia. Manter as axudas a estes sectores mentres se reducen os doutros tan importantes como a defensa e protección do medioambiente ou a xestión da auga supón un posicionamento do goberno a favor da violencia cara aos animais e en contra da preservación dos recursos naturais indispensables para a vida e a saúde da cidadanía.
 
Da mesma maneira que o fixo o Partido Popular, os socialistas pretenden manter 35.000 euros para subvencionar á Fundación “Toro de lida” e 30.000 euros ao Premio Nacional de Tauromaquia que na pasada edición foi concedido ao matador de animais Juan José Padilla. Desta maneira, os orzamentos do estado deseñados polo PSOE dotarían de fondos públicos a unha actividade que consiste en torturar e maltratar a un animal ata a súa morte fronte á vista do público.
 
Con este xesto, contrario a calquera mostra de empatía, complétase un círculo pernicioso para os animais que termina por mostrar a escasa sensibilidade cara ao seu sufrimento do resto de partidos políticos. Se agora foi o PSOE quen deixou claro o seu apoio aos malos tratos; o lesivo acordo de goberno en Andalucía entre PP, C’ s e Vox, cun claro apoio á tauromaquia, ou o aumento de case un 70% das axudas ao Tiro e Arrastre en Valencia concedido polo tripartido do Botánic (Compromís, Podemos e PSOE), deixan unha vez máis a PACMA como o único partido que se opón á actual legalización dos malos tratos animais e oponse a todo tipo de violencia.