Os orzamentos municipais de 2019 serán garantía de investimentos, emprego e servizos públicos

As contas municipais para 2019 manterán o esforzo inversor, mellorarán os servizos públicos e garantirán o emprego, todo isto, baixando a carga fiscal. Así defendeu esta mañá o edil de Facenda as liñas xerais dos orzamentos do próximo exercicio, que xa están en tramitación.
Por o 26/09/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Os orzamentos municipais de 2019 serán garantía de investimentos, emprego e servizos públicos

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta na sesión plenaria desta mañá das liñas xerais do orzamento de 2019, unhas “contas estratéxicas para mellorar a condición de vida dos cidadáns, facendo unha cidade máis accesible, máis sostible, máis favorecedora para a economía, para a vida social, para a educación e para o benestar”. Son unhas contas que farán de Vigo unha cidade máis adiantada, fronte a outras paralizadas por falta de orzamentos, dixo.

Entre outros aspectos, Aneiros destacou a baixada da carga fiscal dado que non se incrementan os tipos nin dos impostos nin das taxas por prestación de servizos e o Concello seguirá a gozar dunha alta autonomía fiscal, sen dependencia doutras administracións e sen endebedamento.

Aumentará o gasto social, mellorará a calidade e mantemento dos servizos públicos e as axudas aos cidadáns para o uso do transporte colectivo.

Respecto do emprego, o responsable de Facenda avanzou que as contas municipais manteñen programas como o de mulleres vítimas de violencia de xénero, os destinados á primeira experiencia laboral ou o previsto para o apoio na xestión do Programa DUSI, sen esquecer as ofertas públicas de emprego.

O eido inversor dos orzamentos de 2019 recolle un importe montante no que hai que contabilizar tamén o investimento procedente do programa de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (DUSI), así como os convenios asinados coa Deputación de Pontevedra ou co Ministerio de Fomento.

Pola súa banda, tanto os grupos de En Marea como o PP criticaron esta previsión orzamentaria. Os primeiros cualificaron a presentación de operación publicitaria e os populares aseguraron que este documento é a mostra dun goberno sen ideas e sen proxecto de cidade.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "Os orzamentos municipais de 2019 serán garantía de investimentos, emprego e servizos públicos"

  1. Gamela   27/09/2018 at 7:40

    Os novos orzamentos incluirán un Camping na Praza do Concello ?

    https://flic.kr/p/NjeSpU

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.