Os osos protagonizan as sesións de Contacontos de Libros para Soñar

Por o 06/03/2015 | Sección: Cultura
Os osos protagonizan as sesións de Contacontos de Libros para Soñar

– Marzo é o mes dos osos en LIBROS PARA SOÑAR.

A sesión de contacontos de mañá venres ás 18:30 horas, co lema “Osos, osos e máis osos”, será o punto de partida dun amplo repertorio de relatos protagonizados por un animal co que os nenos e nenas están moi familiarizados.

Dende clásicos como “Imos cazar un oso” de Michael Rosen e Helen Oxenbury, ou os “Osos” que ilustrou Maurice Sendak, pasando polas aventuras de “Catarina e o Oso” de Christiane Pieper, publicados por KALANDRAKA.

Ata a exposición de ilustracións que se poderá visitar está protagonizada polos personaxes do conto tracional “Os tres osos”, cunha simpática proposta estética realizada por Miguel Tanco.

A vindeira sesión de contacontos, o venres día 13, vai estar dedicada á próxima celebración do Día do Pai, na que o libro protagonista será “P de papá”, dos autores portugueses Isabel Minhós e Bernardo Carvalho.

A última actividade para público infantil e familiar deste mes será o venres 27, co lema “Osos de conto”. Non han faltar as sesións de contacontos para bebés de 0 a 3 anos, que se celebrarán os mércores 11 e 25 de marzo ás 17:30 horas.

Paralelamente, todos os xoves deste mes estase desenvolvendo o curso de contacontos para adultos que imparte a actriz e narradora Beatriz Campos. Ante a elevada demanda, con persoas en lista de espera, proximamente convocarase unha nova edición do curso.

PRENSA KALANDRAKA COMUNICACIÓN