Os particulares poden pedir as novas axudas das ARIs de Estribela e do Centro histórico por case 1 millón

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte as bases da segunda fase de axudas do Centro Histórico e da sétima de Estribela.
Publicado por o día 26/12/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

Os particulares poden pedir as novas axudas das ARIs de Estribela e do Centro histórico por case 1 millón

O Concello de Pontevedra acaba de facer públicas, a través do BOPPO, as bases da nova convocatoria das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas nas Areas de Rehabilitación Integral (ARIs) de Estribela e do Centro Histórico. Correspóndese ás fases sétima no caso de Estribela, e á segunda, no caso do Centro histórico de Pontevedra que teñen unha contía conxunta de 935.371,36 euros.

Estas novas axudas foron ratificadas o pasado 26 de outubro, momento no que tamén se prorrogaron as liñas de subvención da primeira fase do Centro Histórico e da quinta e sexta de Estribela, aínda en vigor. As novas axudas están financiadas con cargo á prórroga do Plan Estatal de Fomento do alugamento de vivendas, rehabilitación edificatoria e rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 do Ministerio de Fomento, que se plasman a través dun convenio entre o Ministerio e a Xunta de Galicia, e na que tamén participan os concellos.

Ao respecto do Centro Histórico, cabe lembrar que foi declarada pola Xunta de Galicia Área de Rehabilitación Integral en outubro de 2012 e outorgóuselle a primeira liña de axudas no ano 2015. Agora ábrese esta segunda fase de axudas cun custo total de 679.584,84 € para rehabilitar 50 vivendas.

A ARI de Estribela, que foi declarada en maio de 2007, chega no 2018 á súa sétima liña de subvención. Neste caso está previsto un investimento de 255.786,52 € para rehabilitar 28 vivendas.

Este ano, a diferencia do anterior, tamén participa no financiamento das ARIs a Xunta de Galicia, por este motivo, o importe máximo de cada axuda será do 45 % do custo subvencionable das rehabilitacións, cunha contía máxima por vivenda de 15.000 €. De feito, é intención da Oficina de Rehabilitación do Concello de Pontevedra iniciar xa a tramitación desta liña de subvención fronte as outras tres prorrogadas, xa que resulta máis vantaxosa para os particulares ao obter contías máis elevadas que nas anteriores fases concedidas, nas que non participaba a Xunta de Galicia.

Nas fases anteriores o importe máximo era do 35% do custo subvencionable das rehabilitacións, cunha contía máxima de 11.000 euros por vivenda.

Obras de rehabilitación

Coas axudas das ARIs pódense acometer calquera tipo de rehabilitación da vivenda ou dos edificios (agás acabados e decoración). Entran nestes proxectos obras de adaptación á normativa; eficiencia enerxética, espazos comúns dos edificios…

As bases están publicadas desde onte no BOPPO polo que as persoas interesadas terán tres meses, dende hoxe, para presentar as súas solicitudes.

Estas novas axudas teñen un prazo de xustificación até o 31 de decembro de 2018.

Rehabilitación de rúas

As Áreas de Rehabilitación Integral inclúen, como é coñecido, unha partida para actuacións públicas que no caso do Centro Histórico é de 150.000 euros. Nesta ocasión está prevista a rehabilitación integral da rúa San Martiño (a traseira do Convento de Sor Lucía), e o seu entronque co Eirado de Albar Páez.

No caso de Estribela, os proxectos públicos que se executarán por valor de 80.146,55 euros son un novo tramo da praza Marqués de Valterra, e comezarase a rehabilitación integral da rúa Montero Ríos, que tamén está previsto ir completando coas distintas fases da ARI.

Achegas da 2º fase da ARI do Centro Histórico:

Actuación

Custo

Achega Ministerio

Achega Comunidade Autónoma

Achega Concello

Achega Particulares

Rehabilitación

431.490,61 €

151.021,71 €

43.149,06 €

0,00 €

237.319,84 €

Reurbanización

150.000,00 €

52.500,00 €

0,00 €

97.500,00 €

0,00 €

Equipos técnicos de Xestión

98.094,23 €

25.000,00 €

45.536,53 €

27.557,70 €

0,00 €

Total

679.584,84 €

228.521,71 €

88.685,59 €

125.057,70 €

237.319,84 €

% participación

100,00 %

33,63 %

13,05 %

18,40 %

34,92 %

 

Achegas da 7º fase do ARI de Estribela:

Actuación

Custo

Achega Ministerio

Achega Comunidade Autónoma

Achega Concello

Achega Particulares

Rehabilitación

122.820,00 €

42.987,00 €

12.282,00 €

0,00 €

67.551,00 €

Reurbanización

80.146,55 €

28.051,29 €

0,00 €

52.095,26 €

0,00 €

Equipos técnicos de Xestión

52.819,97 €

14.000,00 €

25.500,46 €

13.319,51 €

0,00 €

Total

255.786,52 €

85.038,29 €

37.782,46 €

65.414,77 €

67.551,00 €

% participación

100,00 %

33,25 %

14,77 %

25,57 %

29,41 %

 

Prórrogas das anteriores liñas de subvención

O pasado 26 de outubro ademais de asinar os acordos das novas liñas de subvención, tamén se asinaron os acordos de prórroga das subvencións que se executan na actualidade. Son a 1ª fase do Centro Histórico que se prorroga até o 27 de outubro de 2018; a 5ª de Estribela que se prorroga até o 13 de marzo de 2018; e a 6º de Estribela que se prorroga até o 27 de outubro de 2018. A Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello aínda ten disponibilidade orzamentaria para executar obras que aínda están por realizar.

Ao respecto da primeira fase do Centro histórico dos datos son os seguintes

Actuacións de rehabilitación

Número de actuacións

Subvención Ministerio

Total acordo da comisión bilateral

100

503.036,86 €

Total solicitado polos particulares

93

402.390,34 €

Dispoñibilidade orzamentaria

7

100.646,53 €

Ao respecto da quinta fase da ARI de Estribela:

Actuacións de rehabilitación

Número de actuacións

Subvención Ministerio

Subvención da Xunta

Total acordo da comisión bilateral  (2015)

32

84.547,62 €

96.625,90 €

Total solicitado polos particulares

28

65.709,50 €

85.505,46 €

Dispoñibilidade orzamentaria

4

18.838,12 €

11.120,44 €

 

Ao respecto da sexta fase da ARI de Estribela

Actuacións de rehabilitación

Número de actuacións

Subvención Ministerio

Total acordo da comisión bilateral

58

76.744,05 €

Total solicitado polos particulares

26

21.369,89 €

Dispoñibilidade orzamentaria

32

55.374,17 €