Os pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez serán os afitrións da presentación do curso de conducción segura que organiza o Concello de O Porriño

Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Galicia,O Porriño

Os pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez serán os afitrións da presentación do curso de conducción segura que organiza o Concello de O Porriño

Mañá mércores 18, ás 20 horas, serán presentados en roda de prensa os detalles do primeiro curso de conducción segura que promove o Concello, de xeito gratuito, con prazas limitadas e sómentes para veciños e veciñas de Porriño que acrediten estar empadroadas na nosa vila cunha antigüidade mínima de 6 meses. A Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, organiza o curso a través da Policía Local do Porriño.

O curso será impartido por pilotos recoñecidos e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo. Entre os pilotos que colaborarán está confirmado Ivan Ares, campeón de España de Rallys que tamén asistirá á presentación do vindeiro mércores. Tamén participará na presentación e será monitor do curso, José Pintor que como copiloto con Ivan Ares tamén fora campión de España en 2017. Outro dos pilotos da Federación galega de Automobilismo que asistirá como monitor será David Gónzalez.

As clases teóricas e prácticas serán impartidas por grupos paritarios de idade; os sábados de mañán e ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro.
O prazo de inscripción abriráse a partir do xoves 19, nas oficiñas da Policía Local.