Os populares de Mos inauguran o curso político cunha reunión organizativa

Os concelleiros do goberno local atenderán ao público na sede dúas tardes ao mes
Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Galicia,Mos,Partido Popular,Política

Os populares de Mos inauguran o curso político cunha reunión organizativa

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, e os demais membros do equipo de goberno local, reuníronse onte pola tarde na sede dos populares mosenses cos integrantes do Comité Local na tradicional xuntanza de apertura do novo curso político.

Na reunión acordouse celebrar a periódica xuntanza organizativa do Comité que se celebrará cada mércores anterior ao Pleno Ordinario mensual da Corporación Municipal, que soe convocarse para o último lunes de cada mes.

Ademais a sede local do PP de Mos permanecerá aberta varios días ao mes cos obxectivos de: atender ao público en xeral e xestionar afiliacións, para o uso dos membros do Comité, Novas Xeracións e colaboradores en xeral e para atención por parte dos concelleiros e concelleiras do goberno municipal. Durante eses días na sede facilitarase información detallada dos asuntos en curso (obras, servizos… etc.) e dos actos programados por materias e parroquias, e por parte dos concelleiros recolleranse queixas e suxerencias de obras, servizos municipais, así como de actos ou visitas interesantes das parroquias.

As datas de apertura da sede xa programadas que inclúen atención por parte dos edís son o martes 24 de setembro de 18.00 a 20.00 horas con Sara Cebreiro, Alberto Méndez, Julia Loureiro e Begoña Toucedo ; o mércores 25 de setembro de 18.00 a 20.00 horas con Camilo Augusto, Baldomero Lorenzo, Leo Costas e Gonzalo Alonso ; o martes 22 de outubro de 18.00 a 20.00 horas con Sara Cebreiro, Alberto Méndez, Julia Loureiro e Begoña Toucedo ; o mércores 23 de outubro de 18.00 a 20.00 horas con Camilo Augusto, Baldomero Lorenzo, Leo Costas e Gonzalo Alonso ; o martes 19 de novembro de 18.00 a 20.00 horas con Sara Cebreiro, Alberto Méndez, Julia Loureiro e Begoña Toucedo ; e o mércores 20 de novembro de 18.00 a 20.00 horas con Camilo Augusto, Baldomero Lorenzo, Leo Costas e Gonzalo Alonso.

Tradicional comida dos populares de Mos

Ademais este mes celébrase a Xuntanza dos Populares de Mos o vindeiro 15 de setembro no parque da Pesqueira a partir das 14.00 horas. A entrada ten un prezo de 15 euros e inclúe un menú para o xantar consistente en empanada, callos, carne ó caldeiro, bebidas, postre e café; ademais de actuación musical para amenizar a xornada.