Os prazos de matrícula para a Escola de Música para o curso 2020/2021 comezarán en setembro

Publicado por o día 13/08/2020 na sección de Galicia,Marín

Os prazos de matrícula para a Escola de Música para o curso 2020/2021 comezarán en setembro

A Concelleira de Cultura de Marín, Beatriz Rodríguez, e o Director da Escola Municipal de Música Mestre Landín Pazos, Delio Fernández, reuníronse esta mañá no Concello para establecer os detalles do inicio do curso académico 2020/2021 na Escola Municipal de Música e a preparación dos protocolos para a súa apertura.

Nesta  reunión analizáronse os protocolos cos que contará a Escola de Música para o seu inicio e determinar as medidas de seguridade e hixiene necesarias para este comezo.

Os prazos de matriculación estarán abertos dende o próximo día 3 de setembro ata o 25 do mesmo mes, e poderá realizarse en horario de 17:30 a 20:00 horas no segundo edificio da Finca de Briz.

A oferta da Escola Municipal de Música Mestre Landín Pazos, recolle unha variedade ampla de prazas en diferentes materias entre as que se atopan:

-Música e movemento, para nenos de 4 a 7 anos

-Actividades para persoas adultas, sen límite de idade

-Informática Músical

-Canto Coral

-Música Moderna

-Conxunto instrumental (instrumentos de corda).

-Linguaxe musica, violín e piano

-Pase de grao. Acceso a conservatorio

-Estudos de grao medio e profesional.

Durante o curso 2019/2020 o total de alumnos matriculados foi de 104 repartidos nas diferentes materias ofertadas pola Escola de Música Municipal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.