Os profesionais sanitarios contarán cun interlocutor policial en caso de agresións

Na reforma da Lei de Saúde tamén se vai introducir unha modificación para dar unha maior protección aos profesionais do Sergas
Publicado por o día 31/10/2017 na sección de Sanidad

Os profesionais sanitarios contarán cun interlocutor policial en caso de agresións

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse esta mañá co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva para presentar o protocolo de actuación ante as agresións laborais externas que están a sofrer os profesionais sanitarios. Asistiron tamén a xuntanza representantes dos Colexios Médicos e de Enfermería das catro provincias galegas, xunto a responsables da Garda Civil e da Policía Nacional.

Este protocolo de actuación vai dar resposta as demandas de seguridade por parte do persoal que traballa nos centros do Sergas. Ademais é un mecanismo que lles proporcionará unha maior protección e seguridade xurídica. Na actualidade, Galicia conta con dous responsables, un da Garda Civil e outro da Policía Nacional que poden actuar calquera deles como “interlocutor policial territorial sanitario”. O obxectivo desta figura do interlocutor é a de lograr un contacto más directo e fluído cos corpos de seguridade no caso de que se produza unha agresión.

O Sergas mantén o compromiso firme de loitar contra calquera forma de violencia e traballa na prevención permanente para garantir a plena protección e atención do seus profesionais no exercicio das súas funcións. Así, en 2016, implantouse o sistema telemático de comunicación interna, investigación e rexistro dos episodios de violencia externa. Istas melloras foron acompañadas de accións de sensibilización para promover a notificación deste tipo de feitos por parte dos profesionais.

Estas medidas vanse ver reforzadas coa reforma da Lei de Saúde. Unha das melloras que se introducirá é unha modificación para dar unha maior protección aos profesionais do Sergas. Tipifícase coma infracción moi grave a coacción, ameza, agresión, ou calquera forma de violencia exercida sobre o persoal sanitario no exercicio das súas funcións; con idéntica protección á que conta a autoridade sanitaria na actualidade.

Neste mesmo marco de actuacións se efectuou un seguimento e avaliación dos plans específicos de prevención da violencia externa (PEVE) de cada EOXI para coñecer o seu grao de implantación e difusión, para poder reforzar a súa posta en marcha. Tamén se seguen desenvolvendo accións de formación orientadas aos profesionais, para mellorar as súas habilidades de comunicación e ante a resolución de conflitos.