Os recursos asistenciais do Sergas na atención ao COVID-19 superan os mínimos establecidos polo Goberno central

O Plan de continxencia prevé distintas fases de ocupación na rede convencional, privada e extrahospitalaria
Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Coronavirus,Salud,Sanidad,Xunta de Galicia

Os recursos asistenciais do Sergas na atención ao COVID-19 superan os mínimos establecidos polo Goberno central

O Servizo Galego de Saúde elaborou o seu propio plan de continxencia ante a pandemia do COVID-19. A previsión de recursos asistenciais e capacidade de asistencia hospitalaria que se contempla prevé unha capacidade asistencia hospitalaria en distintas fases para poder chegar a dispor de 10.313 camas de hospitalización convencional para atención a enfermos de COVID-19 (38,2 camas por 10.000 habitantes), e 689 camas de coidados críticos (2,55 camas de coidados críticos por 10.000 habitantes). Do total de camas de hospitalización convencional para COVID-19, 8.149 correspóndense coa rede de centros públicos do Sergas, 906 da rede de centros privados e 1.258 cunha expansión hospitalaria que se podería activar en 5 días. Da capacidade para críticos, o plan contempla 554 camas na rede pública e 135 nos centros privados.

Por tanto, os recursos asistenciais hospitalarios son superiores aos mínimos establecidos na Orden SND/387/2020, de 3 de maio, pola que se regula o proceso de cogobernanza coas comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla para a transición a unha nova normalidade.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.