Os Reis Magos chegan á Guarda para visitar a Residencia de Maiores e participar na Cabalgata

Por o 03/01/2019 | Sección: A Guarda,Galicia
Os Reis Magos chegan á Guarda para visitar a Residencia de Maiores e participar na Cabalgata

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata Cabalgata de Reis. Ademais tamén segue aberta ata este domingo a Pista de Xeo na Alameda.

Pista de Xeo continúa en funcionamento ata este domingo día 6 de xaneiro, as entradas teñen un custo de 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O horario de Luns a venres é de 16:00h a 22:00h, os días 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h.

As súas Maxestades de Oriente visitarán este venres día 4 de decembro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, onde estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, para animar e bailar cos nosos maiores nun día moi especial. Contarase tamén coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

O Sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá inicio ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, 4 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para rematar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos. Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.

Dende o Concello da Guarda se convida seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está dinamizando e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.