Os Reis Magos percorrerán todas as parroquias para visitar aos nenos e nenas de Oia

Por o 03/01/2019 | Sección: Galicia
Os Reis Magos percorrerán todas as parroquias para visitar aos nenos e nenas de Oia

Os Reis Magos de Oriente percorrerán as parroquias de Oia durante toda a xornada do sábado día 5. As súas maxestades farán paradas para visitar ás nenas e nenos e comprobar que se teñen portado ben durante o último ano.

A comitiva real fará a súa ruta por Oia levando festa, ledicia e ilusión por cada recuncho do municipio. O percorrido e horarios serán os seguintes:

-Pola mañá:

A Portela (11.00h), Mavia/Santa Comba (11.30h), Acevedo (12.00h), Praza de Loureza (12.30h), Praza de Burgueira (13.00h), Praza de Torroña (13.30h).

-Pola tarde:

Casa Cultural de Viladesuso (15.00h), Casa Cultural de Pedornes (15.30h), baixada ao Mosteiro de Oia coa Rondalla de Mougás (16.00h) e panxoliñas na Igrexa de Sta. María de Oia (16.15h).

A recepción aos Reis Magos farase no CEIP Mestre Manuel García (17.30h), onde haberá agasallos, chocolatada, animación infantil e belén vivente. Desde alí continuarase o percorrido ata a

Casa Cultural de Mougás (19.15h), onde acabará a festa.

-NOTA. En caso de choiva:

Os Reis Magos visitarán as casas da cultura das parroquias nos horarios previstos. Se o tempo o permitise, a partir das 16.00 horas celebraríase o desfile de carrozas desde o Mosteiro de Oia e iría ata o colexio Mestre Manuel García.

Comentar noticia

Your email address will not be published.