Os reis magos visitan Ribadumia

Está prevista unha recepción oficial aos reis no Campo de Fútbol da Bouza (Barrantes), na que se cumprirán todas as medidas de prevención e restricción de aforo establecidas para prevención do COVID19
Publicado por o día 04/01/2021 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia vén de recibir unha comunicación oficial das súas maxestades de Oriente, onde indican que, a pesar das dificultades, non se esquecerán este ano dos nenos e nenas de Ribadumia e teñen previsto visitalos maña martes, día 5 de xaneiro, aínda que polas circunstancias especiais derivadas do COVID19 farano de maneira diferente a dos últimos anos.

Os Reis Magos chegarán a Ribadumia sobre as 16.00 horas e, a partir de aí, organizarase unha comitiva para percorrer as 6 parroquias do Concello nuns vehículos especiais e utilizarán a súa “maxia” para chegar a todos os lugares estando incluso en varios sitios á vez. Indicar finalmente que, por indicación sanitaria, non se poderán repartir os tradicionais caramelos.

Recepción aos Reis Magos no Campo da Bouza.

Diante de tan ilustre visita o Concello non podía deixar pasar a oportunidade de organizar unha recepción oficial ás súas maxestades; eso sí, será moi diferente á doutros anos e na mesma cumpriranse escrupulosamente todos os protolocos e normas de aforo, seguridade, distancia social e prevención para garantir a seguridade de todos os pequenos e pequenas asistentes.

Así, a recepción trasládase este ano ao Campo de Fútbol da Bouza, onde se realizarán dúas sesións, unha ás 17.30 h e outra ás 19.30 h. Para estas recepcións o Concello estableceu un control de aforo, con acceso limitado con reserva de entrada previa. Con medidas para respectar a distancia social, con acceso e saída diferentes e controladas e cun equipo de desinfección entre sesión e sesión.

Os Reis Magos accederán ao recinto, saudarán aos nenos e nenas e dirixiran unhas palabras a todos os asistentes. O tempo de espera e a recepción estarán amenizadas por un Dj.