A alcaldesa da Entidade Local Menor de Camposancos xunto [email protected] veciños e veciñas de Camposancos , convidan a todas as persoas interesadas a desfrutar dun roteiro e un Nadal espallado polas rúas de Camposancos.
Queremos celebrar un Nadal diferente, sostible e ecolóxico, sen plásticos nin brillos, centrado nas crianzas.
A veciñanza traballou arreo para construír unha mini-aldea con material de refugallo, restos de poda, cabacos e anacos de madeira, para que a rapazada de toda a comarca percorra os camiños de Camposancos cunha sinalización de camiños para coñecer o percorrido, guiando os pequerrechos aos seus pais e nais,cara un Nadal máis cálido e familiar.
Prevese que o apalpador baixe do Monte Trega as tardes do 24 e 31 de decembro , mais este ano non vai apalpar nas barriguiñas da cativada por mor do COVID.
Desfrutemos dunhas festas diferentes!! Sexamos felices!! Porque o máis importante do Nadal está camiñando ao teu carón.
Tamén se ten previsto o acendido do alumeado e a presentación da ornamentación da Praza de San Amaro o día 8 de decembro ás 17:00 horas .
Anímate e participa desta ocasión tan singular!
Noticias de última hora en Vigo