Os Segredos do Nadal Camposino

A alcaldesa da Entidade Local Menor de Camposancos xunto c@s veciños e veciñas de Camposancos , convidan a todas as persoas interesadas a desfrutar dun roteiro e un Nadal espallado polas rúas de Camposancos.

Queremos celebrar un Nadal diferente, sostible e ecolóxico, sen plásticos nin brillos, centrado nas crianzas.

A veciñanza traballou arreo para construír unha mini-aldea con material de refugallo, restos de poda, cabacos e anacos de madeira, para que a rapazada de toda a comarca percorra os camiños de Camposancos cunha sinalización de camiños para coñecer o percorrido, guiando os pequerrechos aos seus pais e nais,cara un Nadal máis cálido e familiar.

Prevese que o apalpador baixe do Monte Trega as tardes do 24 e 31 de decembro , mais este ano non vai apalpar nas barriguiñas da cativada por mor do COVID.

Desfrutemos dunhas festas diferentes!! Sexamos felices!! Porque o máis importante do Nadal está camiñando ao teu carón.

Tamén se ten previsto o acendido do alumeado e a presentación da ornamentación da Praza de San Amaro o día 8 de decembro ás 17:00 horas .

 

Anímate e participa desta ocasión tan singular!

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario