Os servizos de emerxencia interveñen nun accidente ocorrido na AP-9, en Santiago

Por o 05/11/2018 | Sección: Galicia,Santiago,Sucesos
Os servizos de emerxencia interveñen nun accidente ocorrido na AP-9, en Santiago
Compartir en:

Os servizos de emerxencia interveñen nun accidente con varios coches implicados na AP-9, á altura de San Lázaro, dirección Coruña, en Santiago de Compostela.

Varios alertantes, sobre as 07:00 horas, informaban ao 112 Galicia do sinistro. Indicaban que eran varios os coches implicados e que, ademais, interrompían a circulación, ao redor do punto quilométrico 67.

Decontado, dende o 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, que nada mais chegar ao punto, solicitaron medios de excarceración para liberar a unha persoa atrapada no interior dun dos turismos implicados. Tamén, desprazáronse os Bombeiros de Santiago, os axentes de Tráfico e da Policía Local e deuse conta dos feitos aos efectivos de Protección Civil e ao persoal de control da Autoestrada.

Finalmente, os axentes de Tráfico confirmaron ao 112 Galicia que foron catro os vehículos implicados neste accidente. Ademais, unha persoa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros e ser trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.