Os servizos de emerxencia rescatan a seis persoas en apuros en Vilagarcía

Un total de seis persoas tiveron que ser rescatadas polos servizos de emerxencia na tarde de hoxe ao verse en apuros nunha zona próxima á Illa de Cortegada, no concello pontevedrés de Vilagarcía.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, ás 18:45 horas, polo equipo de rescate que acudiu ao lugar dos feitos, as persoas desorientáronse por mor da néboa, canda regresaban de navegar nunhas piraguas pola zona da Illa de Cortegada.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, informouse ao Servizo de Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia, aínda que, finalmente, descartouse a súa intervención.

Tras finalizar o rescate, os membros do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía confirmaron ao 112 que as dúas embarcacións foron remolcadas ata a Praia das Cunchas onde ningún dos seis tripulantes precisou asistencia sanitaria.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario