Os servizos de emerxencia rescatan a un home flotando nas augas do Ulla en Pontecesures

Publicado por o día 30/09/2018 na sección de Sucesos

Os servizos de emerxencia rescatan a un home flotando nas augas do Ulla en Pontecesures

Os servizos de emerxencias sacaron da auga un home que apareceu flotando no Ulla, ao paso por Pontecesures.

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Vilagarcía e os membros do GES de Valga, que rescataron o señor axudados dunha táboa de surf para trasladalo ao punto no que agardaban os profesionais sanitarios.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 10:45 horas de hoxe mediante as chamadas de alerta dos veciños que atoparon ao home flotando boca abaixo no río. Así, desde o 112 Galicia, activouse un operativo no que, ademais dos efectivos de salvamento e rescate, participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico para tratar de aclarar as circunstancias nas que se produciu o suceso.

Unha vez fóra da auga, o home foi evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro médico de referencia.