Os servizos de emerxencia traballan no incendio dun estaleiro en Pontevedra

Publicado por o día 09/11/2019 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Os servizos de emerxencia traballan no incendio dun estaleiro en Pontevedra

Os servizos de emerxencia tratan de sufocar un incendio declarado na nave industrial dun estaleiro situado en Pontevedra, na parroquia de Lourizán. Este suceso obrigou a activación do nivel 1 do Plan Territorial de Protección Civil de Galicia –PLATERGA- e non se rexistraron danos persoais.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio esta medianoite a través da chamada de varios particulares que comezaron a percibir as lapas e explosións desde diversos puntos da localidade.

Axiña, desde o 112 Galicia activouse un operativo formado polos Bombeiros de Pontevedra, polos axentes Garda Civil, pola Policía Nacional e Local e polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por si –nalgún momento- fose precisa a súa intervención. Ademais, solicitouse a colaboración no dispositivo dos Bombeiros de Vigo, do Morrazo, do Baixo Miño, do Ribadumia e do Salnés e dos membros de Protección Civil de Pontevedra, de Poio e de Cambados.

Tamén, os servizos de Gardacostas de Galicia, que ven de activar o Plan Camgal en fase de alerta para evitar que procedentes da zona de extinción saian a mar aberto, e de Salvamento Marítimo, tras ser informados polo 112 Galicia, apoiaron as tarefas de extinción desde o mar, mobilizando os buques de salvamento SAR Gavia e Irmáns García Nodal. De igual xeito, o persoal do Concello e do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foron informados da situación.

O Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias participou durante toda a noite nas tarefas de extinción. Un camión gran nodriza do GALI apoiou aos servizos de emerxencia alí desprazados no subministrou de auga, un total ata esta intre, de 150.000 litros de auga foron os empregados por parte do GALI. Neste sentido, o persoal de extinción de Medio Rural sumouse ao dispositivo con dúas nodrizas de apoio.

A esta hora, o lume que afecta a unha nave de 2.000 metros cadrados e a dous barcos, que se atopaban no interior das instalacións do estaleiro está controlado e polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Ás 19 horas Extinguido parte do incendio que afecta a unha empresa adicada a fabricación e reparación de barcos na parroquia do concello pontevedrés de Lourizán

Os equipos de extinción que traballan no recinto da empresa confirmaron ao 112 Galicia que, finalmente, deuse por extinguido o lume que afectaba a nave e a un dos barcos que se atopaba no dique seco. Esta melloría, permitiu a desactivación do nivel 1 do Plan Territorial de Protección Civil de Galicia e facer unha retirada progresiva dos servizos de emerxencia que colaboraron no dispositivo.

No lugar continúan os Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra que proseguen coas labores de extinción nun foco doutro dos barcos afectados, ademais de proseguir cos traballos de refrixeración dos posibles rescaldos. Ademais, mantense o despregue de barreiras de anticontaminación para evitar que procedentes da extinción afectasen ao medio.

Tamén, permanecen no punto os servizos sanitarios, os axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local.

Arde un alpendre

Os servizos de emerxencia desprazáronse esta pasada tarde para sufocar un incendio declarado no interior dun alpendre situado no lugar Moi, en Dozón.

Nada máis recibir a chamada de alerta, na cal os Bombeiros do Deza comunicaban ao 112 Galicia do suceso, os xestores de emerxencias alertaron ao persoal sanitario, aínda que, finalmente, non foi preciso a súa intervención, aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Lalín.

Segundo confirmaron os efectivos del servicio de extinción, ás 23:00 horas, ao 112 Galicia, o incendio calcinou por completo un alpendre e a herba seca que se almacenaban no seu interior.